GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Libro do Concello de Santiago

183

1422, maio, 16.
O Concello, diante da necesidade de paga-las débedas e os servicios do Rei e prelado, acorda se recade media renda utilizando os recadadores para facelo, os padróns que estaban.feitos. Os vigairos opuxéronse, alomenos ata que se tomasen as contas ós procuradores do ano pasado para sabe-lo que se debía e o que había que pagar.
O Concello ordena que o procurador pagase a Gómez Rodríguez, bacharel, os maravedís que lle estaban debendo, o mesmo que a outras persoas. O procurador declara que non ousara coller e recabdar por reçeo dos da comonidade que non querian pagar e avian contradito o mandamento sobre lo feito.
O Concello acorda nomear contadores para tomar conta dos procuradores Nuno Vinagre y Juan Raposo.

Enno anno do nasçemento de Nosso Señor Ihesu Christo de mill e quatroçentos e viinte e dous annos, sabado dez e seys dias do mes de mayo, seendo o conçello, alcalles, jurados, regidores e omes bõos da çidade de Santiago, juntados por crida de anaffil, segundo que han de husso e de custume enno sobrado da notaria de Ruy Martines, notario publico jurado da dita çidade, presentes ende Juan Fernandes Abril, alcalde e Martyn Serpe Fernan Gonçales do Preguntoyro e Juan Ares da Cana e Gomes Rodriges, bachiller en Decretos, jurados e regidores da dita çidade e estando utrossy presentes Juan Andres e Pero Dominges e Afonso de Myllan, vigarios e procuradores da confraria dos çapateiros e Johan Senmal, vigario dos ferreiros e Gonçalvo Rodriges, vigario dos correeiros e Lourenço Carneyro, vigario dos alfayates e Juan Dominges, vigario dos carniceiros da carnyçaria de Çima e Vaasco Fernandes o Moço vigario dos carniçeiros da camiçaria do Vilar e Ruy Freire procurados do conçello da dita çidade e en presença de min Fernan Eanes, notario publico de nosso señor el rey enna sua corte en todos los seus reynos e escusador por o dito Ruy Martines, notario e dos testemoyas adeante scriptos, enton os sobreditos alcaldes, jurados regidores e omes bõos diseron que por quanto o dito conçello devya çertas devedas, asy do pedido de noso señor el rey e dos seus marquos e jantar e dos marquos do arçobispo e selarios dos alcalles e procurador e abogado e outras devedas neçesarias e non abyan porque as pagare, que acordavan e acordaron que se recabdase medya renda e que a recabdase o dito procurador por los infintos que estavan feytos e que os alcalles da dita çidade feseren exsecuçon ennos bẽes dos visiños da dita çidade que ouvesen de pagar os taes moravedis e que lles mostrase o dito procurador por los taes ynfyntos e os sobreditos vigarios diseron que por sy e por los confrades das ditas confrarias que non consentyan enno dito mandamento que fazian os ditos alcalde e jurados e regidores a menos de sẽer tomada conta dos procuradores da dita çidade do anno pasado para se veer o que era devydo ao conçello e o que avyan de pagar. Testemoyas que a esto foron presentes: Johan Gonçales da Canñ, Juan Serpe, Vaasquo Gomes de Marçoa, Nuno Vinagre, Gonçalvo Abril, Gonzalvo de Covas, Juan Ares Chantreiro, Bernald Yanes do Camiño, Johan Aras do Vilar e Fernan Fresquo e Lourenço Carneiro e Toribyo Fernandes, visiños da dita çidade.
Predito.- O dito alcalles e regidores, jurados e homes bõos demandaron a Ruy Freyre, procurador que pagase a Gomes Rodriges, bachiller, os moravedis dos marquos que ten en merçed de Noso Señor o arçobispo que lle eran devidos do anno pasado e deste anno descontando o que for achado e mostrado do que era pago e que os alcalles da dita çidade fesesen por eles exsecuçon en bẽes dos vesiños da dita çidade que declarase o dito procurador e outrosy que pagase a Pero Alonso e a Ruy Martines, notario, os moravedis de seus selarios e pagase mays ao dito Pero Alonso viinte e quatro froliis que lle devia o dito conçello por carta de obligaçon e os ditos vigarios diseron que non consentian enno dito mandamento a menos de seer tomada a conta dos procuradores do anno pasado e o dito Ruy Freyre diso que non consentia ennos ditos mandamentos feitos por los ditos jurados ata que lle desen porque pagase e os ditos alcalles e regidores diseron que o dito procurador recabdase rendas e terça para elo e o dito Ruy Freyre diso que ho non ousava coller e recabdar por reçeo dos da comonidade que a non querian pagar e avyan contradito o mandamento sobre lo feito. Testemoyas, os sobreditos.
Predito.- Os sobreditos, conçello e alcalle, regidores e jurados e vigarios sobreditos declararon por contadores que tomasen conta dos procuradores do anno pasado, conven a saber, Juan Raposo e Nuno Vinagre e visen as devedas que devia o dito conçello a Fernan de San Lourenço e Lourenço Carneiro e Toribio Fernandes, zibicheiro, e Goter Gomes escudero e Juan de Viveiro, correeiro, eligidos e postos por parte da comonidade e a Alvaro Gil e Ares Chantreyro por parte dos regidores que fezesen delo relaçon ata dia lũus seginte en todo dia. Testemoyas: os sobreditos.
 

Materias

mandamento; protesta; alcume; avogado; cámara arcebispal; confraría; conta; contador; débeda; escusador; fisco; florín; marabedí; mercé; nomeamento; obrigación; pagamento; pedidos; recadador; rei; tributo; xantar; xornal; notaría

Persoas

Gonzalo Rodríguez, vigairo dos correeiros; Afonso de Millán, vigairo dos zapateiros; Álvaro Xil; Ares Chantreiro; Bernal Eáns do Camiño; Fernando de San Lourenzo; Fernando Eáns, notario público; Fernando Fresco; Fernando González do Preguntoiro, rexedor de Santiago de Compostela; Gómez Rodríguez, alcalde de Santiago de Compostela, bacharel en decretos; Gonzalo Abril; Gonzalo de Covas; Guterre Gómez, escudeiro; Lourenzo Carneiro, vigairo dos xastres; Martiño Serpe, rexedor de Santiago de Compostela; Nuño González Vinagre, contador; Pedro Afonso, notario público; Pedro Domínguez, vigairo dos zapateiros; Roi Freire, procurador do concello Santiago de Compostela; Toribio Fernández, acibecheiro; Vasco Fernández o mozo, vigairo dos carniceiros; Vasco Gómez de Marzoa; Xoán Andrés, vigairo dos zapateiros; Xoán Ares Chantreiro; Xoán Ares da Cana, rexedor de Santiago de Compostela; Xoán Ares do Vilar; Xoán de Viveiro, correeiro; Xoán Domínguez, vigairo dos carniceiros; Xoán Fernández Abril, alcalde de Santiago de Compostela; Xoán González da Cana; Xoán Raposo, contador; Xoán Senmal, vigairo dos ferreiros; Xoán Serpe; Roi Martínez de Carballido, notario público

Outros

Casa da Carnicería; Santiago de Compostela, concello

Lugares

Santiago de Compostela