GMH/ÍNDICE A-Z

381
1339, xuño, 15. Lugo
O Cabido de Lugo afóralles a Rui Pérez e á súa muller e a unha voz propiedades en San Vicenzo de Betote cando se produza o falecemento do usufrutuario destas, e fixa como renda anual a cantidade de 100 soldos.
MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 22r; Libros, lib. 6289 con referencia ao Lib. A, fol. 22.

Sabeam quantos esta carta viren commo nos o cabidoo da iglesia de Lugo seendo juntados en cabidoo enno choro desa iglesia de Lugo, segundo que o avemos de huso et de custume, con outorgamento dos coengos d’aniversario desa iglesia, avervamos et aforamos a vos Ruy Peres, peliteyro, morador enna rua de Burgo Novo, et a vosa muller Viviana Peres, por en todos vosos dias d’anbos et dous et de huna pesoa semellavele de vos qual o pustrimeyro de vos nomear en vida ou a tenpo de voso finamento, todo o herdamento que nos deu Domingo Peres de Betote, clerigo, en Betote en escambeo por la casa de Burgo Novo, que esta cabo a casa que foy de Dominga Miguelles et d’Aras Gascon. O qual herdamento he en Betote, sub signo de San Viçenço de Betote, o qual herdamento foy de Domingo Peres et de sua muller Marina Eanes, con todas suas dereyturas et pertenenças, a monte et a fonte, per hu quer que vaan, con huna casa feyta et con hun formal descuberto mays pequeno, et con a quarta d’outros quatro formaes descubertos et con hun prado que perteeçe a este herdamento. O qual herdamento vos avervamos et aforamos en esta maneyra conven a saber: que o dito Domingo Peres de Betote, clerigo, ha de teer o dito herdamento en toda sua vida segundo se conten na carta do escanbeo porque o escanbeou connosco, et a tenpo de finamento do sobredito Domingo Peres, o dito herdamento fique en vos Ruy Peres et Viviana Peres et pesoa que for nomeada, et que lavredes ben o dito herdamento et mantenades as casas del en boo estado, et que nos dedes deste herdamento cada anno en renda, por dia de San Johan Bautista, en paz et en salvo enna villa de Lugo, cen soldos desta moeda del rey don Affonso, que façen quatro dineyros novees tres soldos, ou a vallia delles se a dita moeda mingoar ou creçer, et a tenpo de finamento de vos et d’aquella pesoa que for nomeada o dito herdamento deve ficar livre et quito et desenbargado a a iglesia de Lugo con todos los boos paramentos que y foren feytos, et aquella pesoa que for nomeada, en que fique o dito herdamento quando vagar de vos, que o vena reçeber da iglesia. Et nos o cabidoo prometemos de vos defender con este herdamento a dereyto. Et nos, Roy Peres et Viviana Peres, que estamos presentes por nos et en nome d’aquella pesoa que for nomeada, asi reçebemos de vos, o sobredito cabidoo, o dito herdamento et foro et vervo del, et outorgamos esto que dito he, et obligamos nos et todos nosos bees, movellles et rayçes, et espeçialmente por la dita casa de Burgo Novo et por outra casa que esta cabo desta casa, para vos pagar cada anno os ditos çen soldos a o praço sobredito et conprir as cousas sobreditas. Et por que esto seia çerto nos as ditas partes rogamos a Roy Fernandes, notario publico de Lugo, que feçese desto duas cartas en hun tenor tal huna commo outra.

Que foron feytas en Lugo enno choro da dita iglesia quinçe dias de iunyo, era de mill et treçentos et seteenta et sete annos.

Testemoyas que foron presentes: don Alvar Dias, archidiago de Sarrea; don Aras Pellaes, thesoreyro; Andres Peres, Johan Fernandes, Fernan Affonso, coengos; Afonso Eanes, Johan Gutierres, Joha Fernandes, raçoeyros de Lugo; Domingo Peres, Johan Peres, Pedro Miguelles, Gomes Fernande, Jacome Affonso, Aras Peres de Castro, Affonso Eanes, coengos d’aniversario; Gonçalvo Janeyro; Fernan Peres, clerigos do choro de Lugo ts.

Et eu Ruy Fernande, notario publico de Lugo sobredito dado por auctoridade do bispo desse miismo lugar, a esto commo dito he presente foy et a rogo das partes sobreditas esta carta en este livro do cabidoo en mina presença fiz escrivir puge en ella meu signal en testemoyo de verdade.