GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da catedral de Lugo. Século XIV

775
1377, decembro, 14. Ponte de Min
Fernando Pérez de Andrade dóalle a dona Sancha, a súa sobriña, o couto de Felmil.
MADRID, AHN, Carp. 1332 F/24, perg. orix., galego, gótica cursiva, 200x210 mm.

Era de mill quatrosentos et quinse annos, quatorse dias de desembro. Sabam quantos esta carta virem commo eu Fernan Peres d’Andrade dou et outorgo en pura doaçon o mellor et mays compridamente que pode et de dereyto deve valer entre bivos por iur de herdade para senpre a vos dona Sancha, mina sobrina, moller de Affonso Lopes de Saavedra, o couto de Filmir con todos los outros bees et herdamentos et friglisias, et coutos et senorio que foron de Gonçalo Meendes de Saavedra, et con todo o senorio alto et bayxo et iures et possysoes deles meros et misticos, segundo que de dereyto perteesçen et deven perteesçer a o senorio dos ditos coutos, segundo que os Gonçalo Meendes de Saavedra, que fui, tragia et hussava et pesuya a o tempo de seu finamento, et en aquela maneyra et por las condiçoes et cada huna delas que se conten en la carta et privilegio porque me a min deu et entregou meu senor el rey don Enrrique, que Deus mantenna muytos tempos et boos, et os ditos bees et herdamentos et coutos et senorios do dito Gonçalo Meendes, et me deles feso graça et merçed. O qual couto he su signo de Santiago do dito lugar, et he açerca do meu castelo de Vila Iohan, et os outros son Riba de Mino et en terra et comarquas de Saavedra. Et esta doaçon et dadiva vos dou et outorgo, commo dito he, porque sodes mina sobrina, filla de mina yrmaa, et me servistes et andastes por meu mandado, et oie dia das quaes coussas me teno por ben servido de vos, et he minna voontade de vos dar por elo galardon, et logo por esta presente carta vos pono et entrego no iur et posison et propiedade dos ditos coutos et senorios deles para senpre, commo dito he, et mandovo- lo entrar por vossa autoridade, et faser del et de parte del et en el commo de vosso propio. Et se por ventura eu, ou algun por min, d’aqui adeante husar ou pessoyr os ditos coutos et lugares en alguna maneyra conosco et outorgo que o husso et possuyo por vos, a dita dona Sancha, et en vosso nome precario. Outrossy prometo et outorgo de non yr nen revocar en algun tempo a dita doaçon et dadiva que vos assy dou, nen parte dela, por sana nen yra que de vos aia, nen por rason de yngratedue nen por outra maneyra alguna. Et para o assy gardar et teer et non yr contra elo, nen contra parte delo, faço iura sobre lo signal da crus, que tango corporalmente con mias maos, en presença do notario et testemoyas desta carta, et que delos seades çerta rogey et mandey a Pero Gonçalves, notario publico da Ponte de Min, que faça delo esta carta ou cartas as que vos compren sobre esta rason as mays çertas que poder.

Feyta en la Ponte de Min dia et era sobreditos.

Testemoyas: don Garçia Fernandes, prior de Caaveiro; Ares Pardo, Pero Eanes, moordomo de Fernan Peres, Pero d’Esteyro, Pero Lopes, criado de Fernan Peres, testemoyas.

Eu Pero Gonçalves, notario de Ponte de Min por lo dito Fernan Peres d’Andrade, presente fui et scrivi et pono esta signal tal. (+).