GMH/ÍNDICE A-Z

D170
1459, maio, 8
Afonso de Merza, testamenteiro do cóengo Pedro Gómez, ratifica a Ares de Prado a compra dunhas casas na rúa do Pelouriño que pertenceran ao dito cóengo. (fol. 51v)

Ares de Prado.

Et despoys desto enna dita çidade, oyto dias do dito mes do dito anno, Afonso de Merça, vesiño da çidade d’Ourense, asy como conpridor que quedou de Pero Gomes coengo, retyficou et ouvo por firme e estavalle a conpra das casas e adega que fora do dito Pero (Gonçalves)* Gomes que conprou Ares de Prado, que esta enno Pelouriño, segundo que a conpra et se contyña enna carta de venda que dela tyna, e prometeu delle non pasar contra a dita carta de venda e conpra que fesera da dita adega, sopenna de çen frolliins douro. Tests. que foron presentes Gonçalvo Peres rejedor et Pero Gonçalves mercador e Joan de Tras los Montes. (fol. 51v)