GMH/ÍNDICE A-Z

161

marzo, 21

Contrato polo que Pedro Rodríguez, carniceiro de Ourense, aluga de Gonzalo Pérez, morador en Ferreiros, varias bestas para transportar nove moios de viño ao Camiño Francés, a Santiago e á Coruña. (fol. 50v)

Pero Rodrigues.

A XXI dias do mes de março, Gonçalvo Peres, morador en Ferreyroos, alugou a Pero Rodrigues carniçeiro vesiño d’Ourense, bestas para nove moyos de viño, as quaes bestas ficou de lle dar para levar o dito viño desta quinta feira que ven ata oyto dias et alle de dar por cada moyo de viño que o poña no camiño françes viinte e oyto mrs. e que o poña en Santiago XXX .- e enna Cruna XLV .- vellos e do al que llo poña por sua custa etç. e que llo poña en paz e en salvo etç. Penna qui dosentos mrs. etç. Tests. deu fiador Afonso do Cabo etç. Tests. Joan de Mellees, Ares alfayate.