GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da catedral de Lugo. Século XIV

145
1314, agosto, 8
O bispo de Lugo arréndalle a García Rodríguez, durante a súa vida, o celeiro de Gomeán e a herdade de Pedrafita por 18 000 marabedís.
MADRID, AHN, Carp. 1332 B/26, perg. orix., galego, gótica cursiva, 200x230 mm.

Sabeam quantos esta carta viren commo nos don frey Iohan por la gracia de Deus, bispo de Lugo, con outorgamento do cabidoo desse lugar arrendamos a vos, Garçia Rodriguez de Valcarçer, por en todos vossos dias, o nosso çeleyro de Gomyan con la herdade que nos avemos en Pedrafita, et con casares et con herda des et con todos los outros lugares et con todos seus dereytos et rendas tanben igresiarios como leygarios que a este çeleyro perteeçen et perteeçer deven, por des et oyto mill moravedis da oyto en soldos o moravedi, desta moeda que el rey don Fernando mandou lavrar, que de vos reçebemos que ouvemos mester para o pleyto que aviamos con o conçello de Lugo, et outorgamosnos deles por ben pagado. Et se algunas cousas nos demos ou canlleamos ou estan canlleadas per nos ou per outra fora deste çeleyro dos dereytos ou das rendas ou das herdades ou dos casares que perteeçen ou perteeçer deven a o dito çeleyro devemos-lo todo a tornar a este çeleyro de Gomyan, et a vosso iuro et a vosso poder, et a faservos-lo de paz.

Et vos, Garçia Rodriguez, avedes a parar ben este çeleyro et todos los outros lugares et herdades et os dereytos deles et amparar et deffender os homees desses lugares et non lles passar a seu foro nen a seu dereyto, et se por ventura se queixassen de algun enprassamento que lles vos ou outro por vos fesessedes que o corregades a dereyto por ante os ou por ante nosso juyz. Et non van en esta renda moedas nen serviços del rey se acaeçeren, que fican en nos, et vos devedes a tomar toda la pobrança que agora esta no dito çeleyro et enos outros lugares para pobrar todos los casares et lugares que lle perteeçen.

Et a vossa morte deve ficar este çeleyro con todos los seus iures et con tanto gaado quanto vos, Garçia Rodrigues, achades agora en este çeleyro et enos outros lugares que de nos reçebedes, libres et quitos et desenbargados, a o bispo de Lugo, et con todos los outros boos paramentos et aboamentos que vos y feserdes. Et eu, Garçia Rodrigues, asi o outorgo a guardar et cumplir todo commo sobredito he so pena de mill maravedis da boa moneda. Et nos, o bispo sobredito, nos obrigamos per nos et per todos nossos bees et de nossa eglesia de vos fazer de pas este arrendamento por en todos vossos dias so a pena destes mill moravedis da boa moeda, et se custas ou menoscabos vos reçebessedes por esta razon, nos nos obligamos de vos tirar en paz et en salvo, et mandamos que d'aqui adeante recudan a vos, Garçia Rodrigues, ben et cumplidamente con todas las rendas et cousas et dereytos que perteeçen a o dito çeleyro asy commo a nos mismo, segundo dito he. Et nos, o bispo et cabidoo sobreditos, damosvos ende esta nossa carta seelada con nossos seelos pendentes, et vos, Garçia Rodrigues, devedesnos a dar outra tal carta commo esta seelada con vosso seelo colgado.

Feyto foy esto oyto dias d'agosto, era de mill et tresentos et çinquenta et dous anos.