GMH/ÍNDICE A-Z

555
1350, marzo, 19. Lugo
O deán e o Cabido de Lugo modifican as condicións baixo as cales lle foi arrendada a administración de outubro a Afonso Pérez, clérigo do coro.
MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 67v.

Era de mill et CCC LXXX VIIIº annos, XIX dias março.

O dayam et cabidoo de Lugo seendo iuntados por campaa taniuda commo han de uso dese iuntaren a faser cabidoo deron et outorgaron a Afonso Peres, clerigo do coro, do ianeyro que ora pasou da era desta carta a amystraçon do mes d’outubre, asi commo ha el tinna arrendada d’ante do dito cabidoo, salvo ende en este primeyros çinquo annos que lle quitan a sobreposta et hun pan et hun meo açumbre de vinno, que lle quitan por estes Vº annos primeyros que veen, por rason da pistilençia da morteydade da jente que foy, segundo que quitaron a os outros amystradores que teen as outras amystraçoes, et asi fican que ha de dar et pagar o dito Affonso Peres de los çinquo annos endeante segundo que se conten enna carta da primeyra renda que ten do cabidoo. Et outrossy o dito Affonso Peres ha de dar enno dito mes vinno vello achandoo a vender na villa, et se por la ventura o non achar a vender ha de dar a quantia commo mays valuer o vinno ennos XV dias primeyros desse mes. Et o dito Afonso Peres asi reçebeu a dita amystraçon, et para comprir et gardar estas cousas sobreditas et cada huna delas, iurou a os santos avangelos de Deus, corporalmente taniudos con suas maos, et para seer obidiente et pagar ben et compridamente as raçoes a as pesoas et coengos et raçoeyros commo dito he, et d’estar a qualquer ordinamento que o dayam et cabidoo feseren sobre rason das ditas raçoes. Et para comprir o que sobredito he obrigou a si et a seus beens, iglesiarios et leygarios, et demays pra o comprir na maneyra que dita he deu por fiador a don Lopo Domingues, thesoreyro de Lugo, presente et outorgante a a dita fiadoria, a o dito cabidoo que o reçebeu. Outrosi o dito Afonso Peres obligou por todos seus beens de quitar o dito fiador a salvo desta fiadoria.

Testemoyas: don Diego Ferrnandes, dayan; don Fernando de Deus, chantres; don Afonso Gomes, arçidiago de Deça; don Ruy Ferrnandes, arçidiago de Neyra; don Vaasco Dias, juys; Iohan Dias, Iohan Ferrnandes, Tomas Gomes, coengos; Iohan Afonso, Ruy Gomes, raçoeyros de Lugo; et Iohan Aras, clerigo do coro.

Eu Fernando Peres, publico notario del rey ena çiudade de Lugo, que a esto que sobredito he presente foy con as ditas testemoyas et por rogo das partes sobreditas fis escrivir et puge y meu nome et meu signal.