GMH/ÍNDICE A-Z

89

1418, xullo, 1.  
Mayor Aras, muller de Nuño Fernández, xurado que foi da cidade de Santiago, comprométese a arranxa-los canos que conducen a auga á praza do Campo, e que desde alí a auga que sae do pilón da dita fonte sexa conducida pola Rúa dos Ferreiros ata o chamado o agro de Nuño, da súa propiedade, que está so a porta da Mámoa.

Dia esta feyra o primeiro dia do mes de julio. Sabean quantos este contracto viren, como eu Mayor Aras, moller de Nuno Fernandes, jurado que foy da çidade de Santiago, por min e por todas miñas vozes prometo e outorgo a vos o conçello, alcalles e regidores, jurados e omes bõos da dita çidade de Santiago que presentes sodes, que eu e miñas vozes des oje este dia endeante para todo senpre por miña custa propria e das ditas miñas vozes eu faça e procure e guise en tal maneira por min e por outros como os caños porque ven a agoa a a praça do Canpo da dita çidade esten gardados e reparados en tal maneira que a agoa que por eles ven e ha de viinr aos tornos da dita praça do Canpo se non perga por mingoa de restoiramento e procuramento e veña dereitamente aos ditos tornos porque os visiños e moradores da dita çidade e o outro comun se posan dela aproveytar et tornandose ou quebrando algũu dos ditos caños que eu que os aposte e enderençe por miña custa propia en tal maneira que por mingoa de restoiramente e procuramento a dita agoa non çese de viinr (sic) a os tornos que estan enna pila da dita plaça do Canpo e esto faço a vos o dito conçello e vesiños e moradores del por quanto consentistes et outorgastes que toda a agoa que se seise e caese dos ditos caños e pila da dita plaça por debaixo da dita pila que eu que a tomase e levase por la Rua dos Ferreiros por onde acustumou de andar dereitamente para o meu agro que chaman de Nuno que esta so a porta da Mamoa da dita çidade e que non consintystes 26 que ninhuu tomase contra dereito nen britase os ditos caños et agoa que viina por eles aa dita praça nen a min despois que dela saise et por quanto asi o mandou e consintio noso señor o arçobispo de Santiago dom Lopo e rogo de vos o dito conçello por sua carta que me sobrelo dou para o qual todo asi tẽer et cunplir eu e miñas voses e non vĩirmos contra elo nen contra parte delo obligo min e meus bẽes e espeçialmente o dito meu agro de Nuno e as rendas e dereituras del para que eu e miñas voses teña e a garde e procure e cunpla todo o de suso dito e cada parte delo e nos o dito conçello Martin Galos e Juan Ares da Cana, alcalles enna dita çidade e Afonso Fernandes Abril e Fernan Gonçales do Preguntoiro e Alvaro Afonso Juliate, regidores, jurados e omes bõos da dita çidade que seemos juntados por crida de anafil enna notaria de Rui Martines, notario da dita çidade, asi o outorgamos e reçebemos e queremos e outorgamos que se vos for tomada ou enbargada a dita agoa //
(Fol. 44)
por algũa ou algũas personas que nos o dito conçello e alcalles e regidores e façamos desenbargar en maneira que alejades livremente. Feito e outorgado o dito contrauto enna dita çidade, anno, dia e mes sobreditos. Testemoyas que a esto foron presentes: Bernald Yanes do Canpo vasalo do noso señor el rey e Pero Leiteiro  e Alvaro Gil, procuradores do dito conçello e Migell Rodriges e Juan Duran e Juan Ares Chantreiro e Gonçalvo Garçia de Fajeiras e Juan Martines do Vilar e Fernan Gomes, canbeador, e Bernald Yanes do Camiño, vesiños e moradores enda dita çidade. Dado a Martin Ares. Dada a Ares Chantreiro, procurador do Conçello.
 

26 Corrixido sobre “consintades”.