GMH/ÍNDICE A-Z

1235
1474, agosto, 23. Lugo
Fundación de aniversario realizada polo clérigo do coro Pedro Afonso, con poder do tamén clérigo do coro Roi López.

MADRID, AHN, Cód. 419 B, f. 65 r.

Ano do nasçemiento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et seteenta et quatro anos, a veynte et tres dias do mes de agosto. Estando os benefiçiados da iglesia de Lugo, que abayxo seran nombrados, en cabildo çerca da porta por donde suben a as bobedas dentro en a dita iglesia, paresçeu y Pedro Afonso de Maçaaos, clerigo do coro da dita iglesia, et diso a os senores da dita iglesia que el por vertude de un poder que tina de Roy Lopes da Barba, clerigo do coro da dita iglesia, que logo ali presentaba et daba et entregaba a os ditos senores, que poyna et asentaba en a dita iglesia un aniversario de veynte maravedis vellos para senpre jamays, en cada un ano, por los bees rayses asi casas como herdades et outras quaesquer cousas que o dito Roy Lopes tina et lle perteesçian como quer et en qualquer maneyra asi por seu padre, Roy Lopes da Barba, como por sua madre, Aldara Preta, en as fleygresias et sub os signos de Santa Alla de Mazoen et de San Viçenço de Pias destes coutos de Lugo. Et que este aniversario se feziese por los ditos seus bees o primeyro dia de setenbro de cada ano en esta guisa: que en vespera de kallendas setenbras de cada ano para senpre lle fosen dizer un responso cantado, segundo custume, sobre la sepultura da dita sua madre en a caustra da dita iglesia, et en outro dia primeyro de setenbro lle disesen huna misa de requien cantada con outro responso sobre la dita sepultura, et que os benefiçiados que viesen a o dito aniversario gaançasen et repartisen entre sy, segundo ayan de custume, os ditos veynte maravedis bellos, et quenquer que ouvese os ditos seus bees et os lebase despois de seus dias que fose obligado de pagar os ditos veynte maravedis bellos en cada ano para senpre jamays a o rendeyro et colledor dos maravedis dos aniversarios da dita iglesia. Et os ditos senores do dito cabildo diseron que resçebian o dito aniversario et ho farian et çelebrarian segundo arriba se contina. Et apus o dito cabildo como o dito Pedro Afonso en o dito nome rogaron et mandaron a min, o notario a juso escripto, que fesese delo un publico instrumento signado de meu signo et ho sentase en o libro do dito cabildo.

Que foy feyto et pasou todo, ano, mes et dia sobreditos.

Foron presentes: don Alvaro Dias, arçediano de Sarrea; don Gomes Garçia de Goyoso, arçediano de Deçon; don Diego Ferrnandes de Luases, meestrescola; Rodrigo Afonso, Diego Vasques, Johan Arias de Parrega, Symon Alvares, Pedro de Mera, Roy Dias, Afonso Martines de Galdo, Gomes Ferrnandes, Alvaro Ferrnandes, canonigos et capitulantes. Testigos que foron presentes: Fernan Yanes, raçoeyro; et Roy Lopes Teyxeyro, et Diego de Cospeyto, clerigos do coro da dita iglesia, et outros.

Et despois desto en este dito cabildo presentes os ditos benefiçiados et testigos, ano, dia, mes et lugar sobredichos en presençia de mi, o dito notario, o dito Pedro Afonso de Maçaaos diso que por vertude do dito poder a el dado por lo dito Roy Lopes da Barba, clerigo, que para elo era bastante et sufiçiente, segundo constou a min, o dito notario, et a os senores do dito cabildo, que poyna et asignaba outro aniversario de veynte et quatro maravedis bellos por los sobreditos beens rayses do dito Roy Lopes por la anima de Rodrigo Afonso das Camoyras, canonigo que fora desta iglesia; o qual aniversario nomeava et queria que fose feyto a o dito Rodrigo Afonso das Camoyras, canonigo, o segundo dia de setenbre de cada ano para senpre jamays, disendo o primeyro dia de setenbre de cada ano hun responso cantado a a seyda das vesperas et logo en outro dia seguente huna misa de requien cantada, segundo custume dos outros aniversarios, et que repartisen por lo dito aniversario os ditos veynte et quatro maravedis bellos, et por quanto o dito Rodrigo Afonso jasia enterrado en o Moesteyro de Santo Domingo [...] seu padre que lle disesen os ditos responsos entre lo coro et ho altar da dita iglesia de Lugo. Et o dito cabildo diso que asi resçebia o dito aniversario dos ditos beynte et quatro maravedis vellos por los ditos bees et que farian o dito aniversario. Et anbas las ditas partes pediron delo publico instrumento. Testigos os sobreditos.

Et eu Gomes Garçia de Goyoso, clerigo da çibdade de Lugo, notario publico por las abtoridades apostolica et ordinaria, a todo lo que sobredito he en un con as ditas partes presente foy et vi o dito poder original que o dito Roy Lopes da Barba, clerigo, deu a o dito Pedro Afonso de Maçaaos para poer et asignar por los ditos seus bees os ditos aniversarios, segundo et como arriba se conten. Et este publico instrumento arriba contiudo, segundo ante mi pasou et por las ditas partes foy outorgado, por mina mao escripvi et en meu registro et protocolo lo sentey, et por ende fis aqui estes meus signo et nome acustumados en testemoyo de verdade. Rogado et requerido.

Materias

administración; administración; aniversario; arcediago; arquivo; bóveda; catedral; censo; claustro; cóengo; conto; convento; coro; couto; crego; distribución; escritura; esposa; esposo; familia; fillo; fundación; Libro do Cabido; marabedí; mesa capitular; mestrescola; misa; mosteiro; muller; nai; notario apostólico; orde dos predicadores; pai; poder; prebenda; procuración; racioneiro; rendeiro; responso; rexistro; sepultura; xurisdición; cabido

Persoas

Afonso Martínez de Galdo, cóengo de Lugo; Aldara Preta; Álvaro Díaz da Lama, arcediago de Sarria; Álvaro Fernández, cóengo de Lugo; Diego de Cospeito, crego do coro de Lugo; Diego Fernández de Luaces, mestrescola de Lugo; Diego Vázquez, cóengo de Lugo; Fernando Eáns, racioneiro de Lugo; Gómez Fernández de Rois, cóengo de Lugo; Gomez García de Gaioso, arcediago de Dozón; Gómez García de Gaioso, notario apostólico; Pedro Fernández de Mera, cóengo de Lugo; Roi Afonso das Camoiras, cóengo de Lugo; Roi Afonso, cóengo de Lugo; Roi Díaz do Freixo, cóengo de Lugo; Roi López da Barba; Roi López da Barba, crego do coro de Lugo; Roi López de Teixeiro, crego do coro de Lugo; Simón Álvarez, cóengo de Lugo; Xoán Ares de Parga, cóengo de Lugo; Pedro Afonso de Mazás, crego do coro de Lugo

Outros

Lugo, cabido; San Domingos de Lugo, convento

Lugares

Camoiras, As; Cospeito, Santa María; Dozón; Gaioso; Galdo, Santa María; Luaces; Maçaos; Mazoi, Santalla; Mera; Parga, antiga xurisdición; Pías, San Vicente; Sarria; Teixeiro, Santa María