GMH/ÍNDICE A-Z

426
1434setembro, 21
O bispo don Diego afora a Álvaro de Escornabois, morador en Vilanova de Rante, a oito voces, por cuarta, quinta e sexta, un lugar recibido por damnificacións. (fols. 129v-130)

       

Alvaro d’Escarnabois.

Sabean quantos esta carta de aforamento viren como nos don Diego, porla graça de deus et da santa igleia de Roma obispo d’Ourense, damos e outorgamos, aforamos a vos Alvaro d’Escarnabois que sondes presente et a vosa moller (- - -) que non he presente, moradores enno noso couto de Vylanova de Rante et a oyto voses apus morte do postromeiro de vos anbos etç., conben a saber que vos aforamos o noso lugar que de nos tragía aforado Pero Gonçalves e sua moller, o qual nos reçebemos por maas paranças et por quanto estava ermo e dapnificado e as casas despobladas; aforamosvos o dito lugar con todas suas casas e viñas e erdades et arvores et soutos et cortiñas et foros e rendas et entradas e seidas e dereitos etç., por tal condiçon que corregades et reparedes as casas do dito lugar et reparedes et labredes ben as viñas et herdades do dito lugar, por tal maneira como non (fol. 129v)

desfalesca por mingoa de lavor et de boon paramento et os quaes beens e casas e herdades vos aforo segundo se que as tragía o dito Pero Gonçalves e por tal condiçon que façades os foros a nos e a nosa mesa obispal e aos bispos que despois de nos foren do dito obispado et das herdades que eran de foro de sesta que façades foro de sesta e das que eran de foro de quinta que façades o dito foro de quinta e das herdades que eran de quarta que façades o dito foro de quarta e os outros foros segundo que o dito Pero Gonçalves fasia, et do al de disemo a deus etç. et se quiserdes vender etç. e non faredes manda nen oniversario etç. nen foro nen sobreforo etç. et seredes serbente obediente etç. et obrigamos os beens da nosa mesa obispal etç. et eu o dito Alvaro d’Escarnabois obrigou meus beens etç. Penna quiñentos mrs. etç. Tests. Joan dOrtega mestre escola enna igleia d’Ourense et Pero Carneiro coengo enna dita igleia et Estevo Fernandes rejedor da dita çibdade. Feita a viinte e huun dias do mes de setenbro. (fol. 130)