GMH/ÍNDICE A-Z

441
1434outubro, 10

Roi Lourenzo, fiel das alcabalas de Piñor, fai pago ao notario Nuno Patiño e a Álvaro Cide, arrendadores delas, de 2.100 mrs., dos cales 900 entrega en efectivo e os outros 1.100 entregara xa ao bispo o notario Álvaro González, que os tiña en depósito. (fol. 133v)

Rodrigo Lourenço, pagadas II brancas.

Rodrigo Lourenço.

Et despois desto, domingo des dias do mes de oytubro, Nuno Patiño notario, por sy et en nome de Alvaro Çide, arrendadores do couto de Piñor e Moreiras das alcavalas de noso señor el rey este dito anno, se outorgou por pago de Roy Lourenço, fiel das alcavalas da dita aldea de Pyñor, de Requeixo et das Quintaans, de dous mill et çen mrs. branca en tres dños., os quaes ditos douss mill et çen mrs. del reçebeu en esta gisa, mill et dosentos mrs., que tiña en garda en casa de Alvaro Gonçalves notario, que o dito Alvaro Gonçalves deu ao señor don Diego obispo d’Ourense et os noveçentos mrs. que del reçebeu en diñeiros, que son asy os ditos IIMC .- os quaes son para en pago dos mrs. que el colleu e recadou en fieldade da dita aldea de Reqexo e das Quintaans o dito anno, et dos quaes .- me dou por pago. Tests. Estevo Anes de Seixalvo e Gonçalvo do Lageeyro e Sancho de Santa Ougea, Joan Ares. (fol. 133)