GMH/ÍNDICE A-Z

E2-13
1435, abril, 29
En vista de certos disturbios que se producían na cidade, bispo e Concello, reunidos nos pazos episcopais, ordenan pregoar que ningún veciño se ausente da cidade e se manteñan todos coas armas prestos para seren convocados na praza do Campo. (fol. 8)
E despois desto, enna dita çidade d’Ourense, día sesta feira, XXIX dias do dito mes, ennos paaços de noso señor don Diego obispo d’Ourense, presentes y o dito señor obispo et Garçia Dias d’Espinosa et Alvaro Afonso e Loys Gonçalves et Estevo Fernandes e Gomes de Chantada rejedores e Pero Fernandes e Afonso Anriques juises da dita çidade et Afonso Ares procurador do dito conçello, logo o dito señor obispo e rejedores e juises et procurador ordenaron que por quanto entendian que era serviço de noso señor el rey (e do dito)* sobre rason de alguuns movementos que entendian que se levantavan, que mandavan que se dese este pregon porla dita çidade en esta gisa:
Oyde que manda diser noso señor don Diego obispo d’Ourense et os juises et rejedores e procurador da dita sua çidade, que elles entendendo que se fasen alguuns movementos que eran en des serviço de noso señor el rey, por ende que mandavan a todoslos vesiños et moradores enna dita çidade que non partan para outras partes et que esten todos aperçebidos de suas armas, para quando oyren dar aa canpaa sayan todos con suas armas a Praça do Canpo, para aquelas cousas que entenderen que seja serviço do dito señor rey, sopenna de seysçentos mrs. a cada hun.
O qual dito pregon se deu enna Praça do Canpo e da Barreira et da Carniçaria, da Praça do Pescado e do Centeo et da Crus dos Ferreiros. Tests. que a todo esto foron presentes Afonso Anriques juis, Afonso Ares procurador, Gonçalvo Ranooa, Diego da Agoa, e deuse por Domingo Fernandes pregoeiro. (fol. 8)