GMH/ÍNDICE A-Z

1091
1451, setembro, 11 sábado. Lugo

O Cabido de Lugo afóralles a Afonso Ares e a dúas voces o casal de Pumariño na aldea de Bedurgos, freguesía de San Lourenzo de Albeiros, por renda anual dunha carga de centeo e a obrigación de construír unha casa.

MADRID, AHN, Cód. 419 B, f. 3 v.; Libros, lib. 6289 con referencia ó Lib. E f. 3 v.
   

Saban quantos esta carta de foro viren como nos o cabidoo da iglesia de Lugo sendo juntados en noso cabidoo per son de canpana tangida en a dita iglesia çerca da porta por onde soben a os orgoos, segundo avemos de uso et de costume, entendendo que fasemos prol et boo paramento noso et de nosos suçessores aforamos a vos Afonso Ares das Cortinas, fillo de Gonçalvo Afonso, et a duas personas despus de vos huna qual vos nomeardes en vosa vida, ou a tempo de voso finamento, et outra qual nomear aquela persona que por vos for nomeada, et se non for nomeada que seia aquela que de dereyto herdar vosos beens, et asi de cada huna das outras personas, o noso casar de Pumarino et casas et herdades dos aniversarios da dita iglesia, que ias en a aldea de Bedurgos sub o signo de San Lourenço de Alveyros, segundo que a nos perteesçe por rason dos ditos aniversarios, et segundo que vos agora tragedes et usades as ditas herdades casas et arvores do dito casar, a tal pleito et condiçon que vos et as ditas personas que suçederen en o dito foro den de foro en cada hun ano a o moordomo et rendeyro dos aniversarios en o dito lugar huna carga de çenteo linpo de poo et de palla desde dia de Santa Maria de agosto ata dia de Santa Maria de septembre, et façades et tenades et leixedes feyta a casa do dito casar de pedra et madeyra et a cubrades de lousa sen malicia a vista de dous ofiçiaes ata quatro anos primeyros seguentes, sub pena de perderdes este foro se o asi non complirdes, et tenades as herdades labradas et en boo paramento que se non pergan por mingoa de lavoria, nen se vaan a campo nen a monte, et asi as leixedes labradas et en bon paramento et a dita casa feyta et cuberta. Et a finamento da postremeyra persona que suçeder en o dito foro que o dito casar et casas et herdades et arvores fiquen libres et desenbargadas a os ditos aniversarios, cuias son, et a o dito cabidoo. Et demays que cada huna das ditas duas personas que despus vos suçederen en o dito foro seia tiuda et obligada de se viir mostrar seer persona do dito foro do dia que en el suçeder ata triinta dias primeyros sub pena de perder o dito foro por ese mesmo feyto se o asi non feser.

Et eu, o dito Afonso Ares, que presente soo asi reçebo o dito foro de vos, o dito cabidoo, con as condiçoes et en a maneyra sobreditas, et obligo a min et a meus beens et das ditas persoas de teer, complir et pagar o dito foro et condiçoes sobreditas. Et nos, o dito cabidoo, asi vos lo outorgamos et porque seia çerto mandamos dello faser duas cartas de foro anbas en un thenor por lo notario iuso escripto huna para vos, o dito Afonso Ares, et vosas personas et outra para nos, o dito cabidoo, et por mayor firmesa mandamos seelar con noso seello a carta de vos o dito Afonso Ares.

Que foy feyta et outorgada en a çiudade de Lugo en a dita iglesia et lugar, dia sabado, onse dias do mes de septembre, ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et çinquoenta et hun anos.

Testigos que foron presentes et outorgaron o dito foro: Afonso Martines, chantre; Roy Lopes de Aguiar, açediano de Neyra; Gonçalvo Peres de Carvallido, arçediano de Sarrea; Diego de Cordido, arçediano de Triacastella; Gonçalvo Rodrigues de Parrega, thesoreyro; Rodrigo Afonso, Diego Vasques, Lopo Garçia et Juan Ares de Parga, coengos da dita iglesia de Lugo.

Et eu Pedro Afonso, canonigo et notario publico da dita çiudade et obispado de Lugo por lo senor Obispo et iglesia dese lugar, a todo o suso contiudo con os ditos testigos presente foy et esta carta de foro por outro fige escrivir seendo eu ocupado de outros negoçios et aqui puge meu nome et signal acostumado en testemoyo de verdade que he tal rogado et requerido.

Petrus Alfonsi, canonicus et notarius.