GMH/ÍNDICE A-Z

864
1384, febreiro, 1. Outeiro de Rei
Acta notarial na que se recolle a declaración de Xoán de Cuartel, onde se enumeran as propiedades que, no lugar de Cuartel, freguesía de San Pedro de Martul, posúe o bispo de Lugo.
MADRID, AHN, Carp. 1332 G/ 10(2), perg. orix., galego, cortesá, 243x330 mm.

Era de mill et quatroçentos et viinte et dous annos, primeiro dia de freveiro. Estando enna vila d’Outeiro de Rey en presença de min Pedro Afonso, notario publico desta vila d’Outeiro por nosso sennor o conde dom Pedro en lugar de Afonso Martines de Vilarayal, et das testemoyas subscriptas paresçeu Johan de Quartel, visinno et morador en esta dita vila d’Outeiro, que estava presente, et diso que noso sennor obispo de Lugo, dom frey Pedro Lopes, que Deus mantenna, que lle mandara et disera et sub penna d’escomonion por quanto o dito Johan de Quartel era ome de verdade et de boa fama et porque esto que o sabia el commo ome vedrao d’aquel lugar, que este dito Johan de Quartel por seu juramento de santos evangeos de Deus, tangudos con suas maos, que disese et declarase et fesese declaramento por min o dito notario de todos los herdamentos et casas et iures et arvores que o dito sennor obispo ha et parte et comprou et gaanou enno lugar de Quartel et en seus terminos que he enna fligresia de San Pedro de Martul; et este dito declaramento que o fesese en tal guisa que el et os outros herdeyros do dito lugar podesen cada huuns delles saber et estremar con verdade o seu quinon que han enno dito lugar de Quartel. Et logo o dito Johan de Quartel diso que el por obidiiçer a o mandamento do dito sennor obispo et con entençon de non caer enna dita pena d’escomonion el feso et declarou por lo dito juramento que sobrelo fes sobre santos evangeos, que tangeu con suas maos, este declaramento que se segue: primeiramente disso que avia o dito sennor obispo y en Quartel enna vos de Pedro Martines de casas et herdades et arvores et voses o sesto; item mays en esta misma vos o terço por Maria Ferrnandes natural dy, que foy; item mays en esta misma vos dous quinoes que ora y gaanou por Fernan Sesgo et por seu yrmao Vasco, et enno casal de Domingo Rodrigues con suas arvores et casas et iures peru quer que y vaan a meatade minos hun quinto et mays \meo/ de hun terço, et este quinto et meo de hun terço partese con Fernan Vidal de Cotae; item outrosy enna vos de Pedro Paas de Quartel casas, arvores et jures a meatade; item enna herdade da vos dos Roxellos por hu quer que y vaan casas, arvores et jures et posisoes a meatade; item enna herdade de Johan Boto con suas casas et arvores et jures as tres quartas et ha y o dito sennor obispo o casal et herdamentos et casas et arvores et jures et voses que y avia Elvira Ferrnandes d’Outeiro, filla de Fernan Afonso, et seu marido Pedro Afonso, notario d’Outeiro. Et logo o dito Johan de Quartel por lo dito juramento que fes deu asy por feyto et çarrado este dito declaramento que feso dos ditos herdamentos et casas et jures que o dito sennor ha enno dito lugar de Quartel et en seus terminos. Et desto o dito sennor obispo pedeu a min, o dito notario, testemoyo et testemoyos en esta rason para guarda de seu dereito.

Testemoyas: Vivian Ferrnandes; et Johan Domingues d’Outeiro; et Garçia Ferrnandes de Maulfe ts., et outros.

Et eu Pedro Affonso, notario sobredito, a esto que dito he con as ditas testemoyas foy presente et este testemoyo en mina presença fis escripvyr et puge en el meu sinal que tal he en testemoyo de verdade. (+).