GMH/ÍNDICE A-Z

E1-49
1437, abril, 3
O Concello comisiona ao xuíz Álvaro Afonso e ao procurador Men Suárez para que determinen o caso suscitado pola confiscación de bens realizada por Martín Pérez e Pedro Sardo. (fols. 32v-33)

Mandamento de Alvaro Afonso e Meen Suares.

A tres dias do mes de abril, en Ourense ennas casas de Garçia Dias d’Espinosa, presentes ende Alvaro Afonso da Fonteyna juis et o dito Garçia Dias d’Espinosa e Loys Gonçalves e Goterre Afonso et Gomes Peres e Estevo Fernandes rejedores et (fol. 32v)
Meen Suares procurador, logo todos diseron que puynan por omes boons porlo dito conçello para determinar os nagoçios de Martin Peres de Trella ao dito Alvaro Afonso juis et ao dito Meen Suares, e para que fesesen conta et determinaçon en elo e das prendas que foran tomadas por lo dito Martin Peres e Pero Sardo, e as prendas de maao que fosen achado que ja eran tomadas que as non tomasen outra vez e fesesen entregar as prendas aquelas que fosen achado que ja foran pinoradas, et outrosy que remediasen sobre todo elo, et para tomar a conta se mays fose achado que avyan reçeby(d)o o dito Martin Peres das alvaquias de Estevo Fernandes e do dito mestre Fernando e lles demandar conta sobre elo. Otrosy que mandavan entregar a prenda de Eynes Lasa e de Gomes de Pallares sobre lo qual lles outorgaron poder etç. abastante etç. Tests. os sobre ditos rejedores.