GMH/ÍNDICE A-Z

E2-2
1435, marzo, 6
Ordenanza do Concello, que será presentada ao bispo e ao Cabido para a súa confirmación, que sinala como lugar exclusivo para a venda de peixe a peixaría, que se sitúa arredor da parede do Cabido, polo que protestan varios veciños, que prefiren as inmediacións do Curral, preto da carnizaría. (fols. 1v-2)
En este dito dito día, domingo, seys dias do dito mes de março do dito anno, enna capela de San Joan presentes y en conçello Garçia Dias de Cadorniga, Garçia Dias d’Espinosa, Alvaro Afonso da Fonteyna, Loys Gonçalves, Estevo Fernandes, Gomes de Chantada rejedores, (Afonso a)* Pero Fernandes de Porçomillos juis, Joan Paas notario et procurador sustetuyto do dito conçello et Pero Gonçalves mercador, Martin Peres de Trella, Joan de Deus e Lourenço Domingues carniçeiros, Alvaro Çide (notario)*, Nuno Gonçalves de Freixo notarios
(- - -)
et parte dos vesiños da dita çidade, estando todos juntos en seu conçello segundo que an de uso et de costume a se ajuntar, logo todos ordenaron que por rason que noso señor obispo avya ordenado et mandado que o pescado fresco nen salgado que se non vendese enna praça et se vendese en outra parte onde visen que era ben cabiidoo et conçello, por ende diseron que se premeese ao dito señor obispo e eso meesmo as personas do cabiidoo, que as personas que quisesen vender o dito pescado et a pescadaria et venda et feyta del, que se vendese et fesese arredor da parede do cabiidoo, dela porta das casas que foron de Françisco Yanes notario ata o qanto das casas de Gomes de Chantada, todo arredor da parede, et que persona nenhuna non fose ousado de deytar a remollo (fol. 1v)
enna dita pescadoría, sopenna que por cada vez que o deytase que pagase de penna segundo que estava ordenada porlo dito cabiidoo e conçello e estava ordenada de tenpo antigoo, et todos asy o ordenaron, consentindo o dito señor obispo e cabiidoo, et Alvaro Afonso rejedor e Pero Gonçalves et Martin Peres de Trella e o dito Pero Fernandes juis et Alvaro Çide notario e Joan de Deus e parte doutros vesiños da dita çidade diseron que non consentían senon trasla parede do curral que esta a par da carniçaria et que delo curral para alende a porta da ayra que querían faser con os moradores daquela parte que cobrisen a dita carniçaria por suas custas para o dito conçello, senon quisesen que delo Curral para a Porta da Corredoira que os vesiños da dita çidade que cobrisen esta outra et elles que consentian en elo, senon de outra maneira que non consentian, et todoslos outros rejedores e omeens boons que ende estavan diseron diseron que consentian a ordenança segundo que dito avya e que o fesesen a saber ao señor obispo despois de comer para que vise en elo. Tests. que foron presentes Lourenço Domingues, Pero de Temees, Joan Fernandes prateiro et outros. (fol. 2)