GMH/ÍNDICE A-Z

88

febreiro, 5

O mesmo afora a perpetuidade a Afonso Anes, arrocheiro, e á súa muller Tereixa González, moradores en Seixalbo, unha leira de viña nesa aldea, recibida por damnificacións, coa condición de repoñer a viña e pagar sexta de viño branco e composta. (fols. 28v-29)

Afonso Yanes de Seixalvo.
Feita e dada nota enno
libro manual.

En este dito día e ora et por estas testemunyas o dito señor abade da dita igleia da Triindade et provisor de meu señor don Diego obispo d’Ourense e porlo poder que del teño, dou et outorgo, aforo a vos Afonso Yanes arrocheiro que sondes presente et a vosa moller Tereija Gonçalves que non he presente, moradores en Seixalvo et a todas vosas voses para senpre, conben a saber que vos aforo huna leyra de viña que esta enna aldea de Seixalvo onde as pedras das cannas, a qual foy de Fernando Peres et eu reçeby por maas paranças e por quanto esta herma e danificada por este notario por quen esta carta he feita e tests. de juso escriptas, do qual eu o notario juso escripto dou fe + aforo vos a dita ( fol. 28v)
leyra de viña con todas suas entradas et seydas etç. por tal condiçon que chantedes de viña et que a ontre chantedes por onde lle faser mester e labredes e paredes ben, e façades dela foro de sesta ao dito señor obispo e a seus suçesores de todo o viño et conposta que deus en ela der, a qual novidade colleredes por ollo do mayordomo do dito señor obispo, ao qual proveeredes de comer e de beber etç. e daredes a conposta enna viña et o viño branco enno lagar, e do al de disemo a deus etç. et non faredes manda nen oniversario nen foro nen sobre foro nen poredes penson nehuna etç. salvo a mesa obispal do dito señor obispo etç. e se quiserdes vender etç. et obrigo os beens do dito señor obispo etç. et eu o dito afonso yanes obrigo meus beens etç. Penna dosentos mrs. etç. + a qual parte con viña de Pero de Castro e da outra con viña que foy de Fernando de Reboredo e da outra topa enno carreyro do Qeenllo, e topa enna congostra publica que vay para Fonte C(r)ada. Tests. os sobre ditos. Feita çinqo dias de fevereiro. Tests. Afonso Caldellas, Estevo Fernandes rejedor, Gonçalvo Marra, Todrigo Yanes capelan de Santa Maria a Madre.