GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da catedral de Lugo. Século XIV

863
1383, setembro, 9. San Pedro de Líncora
Xoán Lourenzo e Tareixa Lourenzo véndenlle a Francisco González, quen representa o bispo de Lugo, todo o que posúen na vila de Ider, freguesía de Santa María de Castelo, por 72 marabedís.
MADRID, AHN, Carp. 1332 G/9, perg. orix., galego, gótica cursiva, 176x170 mm.

Sabeam quantos esta carta viren commo nos, yrmaos, Johan Lourenço et Tareyia Lourenço, fillos de Lourenço Ferrnandes que foy de Yder, que foy fillo de Maria de Cabo, con outorgamento de Estevo, meu marido, por nos et por nosos herees et por nosa vos vendemos a vos Fernando Gonçalves de Moreda, comprador por herdade para o sennor don Pedro, obispo de Lugo, para senpre todos quantos herdamentos et casas et soares et arvores nos avemos et nos perteeçe de aver a este dia de dereito et qualquer maneira enna villa de Yder et en seus terminos, a montes et a fontes, con todos seus dereitos et perteenças cada hu van et foren achados pela fligresia de Santa Maria de Castello, os quaes herdamentos nos perteeçen por hereeça do dito noso padre et de nosos avoos, et por esta presente carta entergamos et leixamos o jur et possesion destes herdamentos et cousas que vos vendemos a o dito sennor obispo, que aia os froytos et proes delles, et faça delles et en elles o que quiser et for sua merçee, por preço nomeado justo et dereito que nos por ello destes, conven a saber seteenta et dous maravedis, de des dineiros novees cada maravedi, desta moneda husal, et nos outorgamos por ben pagados et pareçen ante o notario et testemoyas; et senpre vos faremos de pas en anpararemos a dereito con esto que vos vendemos et non pasaremos a ello su penna de çento seteenta moravedis da dita moneda que os peytemos en nome et en vos de interee por cada vegada que contra ello veermos. Et para todo esto asy atender et pagar a penna et as custas se contra ello veermos obrigamos para ellos todos nosos bees, et a penna pagada ou non a carta et vençon seia firme et valla para senpre. Feyta en San Pedro de Lincora, nove dias de setembro, era de mill et quatroçentos et viinte et hun annos.

Testemoyas que foron presentes: Pedro Cao, Johan Martines, carpenteiro, et Domingo Ferrnandes de Moreda. Ts.: Affonso Eanes, prior do moesteyro de

Chantada; Affonso Eanes de Sobrado; Fernando Martines de Froyan; Pedro Gores, clerigo, capellan de San Pedro, et outros.

Eu Pedro Ferrnandes, notario de Chantada et de seu alfos por Vasco Gomes das Seixas, presente foy et por rogo das partes esta carta en mina presença a figy escrivyr et este meu signal y figy en testemoyo de verdade. (+).