GMH/ÍNDICE A-Z

808
1379, novembto, 19. Lugo
O Cabido de Lugo afóralles a Gómez Arias e á súa muller e a unha voz herdades, casas, muíños en Fontao, Cabanas, Albares, Burneiros e O Lousado, freguesías de San Xoán de Pena, Santa Comba e Santiago de Laiosa, por renda anual de dúas terzas de centeo.
MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 84v.

Sabeam quantos esta carta viren commo nos o dayan et cabidoo da iglesia de Lugo seendo juntados en cabidoo por campaa tanguda enno thesouro da dita iglesia, segundo que o avemos de uso et de custume, damos aforo et avervo a vos Gomes Aras de San Fiis de Paradela et a vosa muller, Moor Aras, et a huna pesoa depus vos qual nomear o pustrimeyro de vos en vida ou a tempo de seu finamento, todas las herdades et casas et caneyros et moynos et pesqueyras, que perteesçen a os aniversarios da iglesia de Lugo en Fontao et en Alvares et en Cabanas et en Borneyros et enno Lousado, sub os signos de Sanyoane de Pena et de Santa Coonba et de Santiago de Lageossa, con todas suas dereyturas et pertenenças, a montes et a fontes, peru quer que as elas ajan sub os ditos signos, por condiçon que labredes et façades lavrar et parar ben as ditas herdades et mantenades as casas delas en boo estado, et que dedes vos et as ditas pesoas de cada anno por foro delas a os ditos aniversarios duas terças de çenteo, linpo de poo et de paja do mellor que ouver nos ditos lugares, en pas et en salvo en Lugo des Santa Maria d’agosto ata San Martino, por la teega dereyta, que façen tres teegas duas fanegas; et a a morte da pustrimeyra pesoa de vos que as ditas herdades et casas que fiquen livres et quitas et desembargadas a os ditos aniversarios con todos los boos paramentos que en ellas foren feytos con seus caneyros et moynos et pesqueyras segundo que lles perteesçe et perteesçer deben de dereyto.

Et eu, o dito Gomes Aras, que estou presente por min et por la dita minna muller et pesoa que for nomeada asy reçebo et outorgo o dito foro et vervo de vos, o dito cabidoo, et obligo a todos meus bees et seus delles para o comprir et pagar asy en todo segundo dito he. Et nos, o dito dayan et cabidoo, asy vos lo outorgamos et prometemos de vos faser o dito foro de pas no dito tempo a vos et as ditas pesoas. Et porque esto seia çerto nos las ditas partes rogamos et mandamos a Fernando Peres, notario publico de Lugo, que fesese desto duas cartas en hun tenor. Feyta en Lugo, des et nove dias de novembro, era de mill et quatroçentos et des et sete annos.

Testemoyas: don Iohan Affonso, dayan de Lugo; don Pero Aras, arçidiago de Neyra; don Rodrigo Affonso, arçidiago de Deça; don Pero Aras, arçidiago de Triacastella; don Aras Peres, iuys; Thomas Gomes, Diego Lopes, Fernando Peres, coengos; Afonso Eanes, Iohan Garçia, raçoeyros da dita iglesia; Gonçalvo Eanes, mercador de Lugo.

Et eu Fernando Peres, sobredito notario publico de Lugo por lo sennor obispo dese lugar, a esto que sobredito he presente foy et aqui puge meu nome et meu signal en testemoyo de verdade. Estas herdade se tornaron a o dito Gomes Ares por quatro teegas de pan, et en este livro esta ha carta delo.