GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Fragmentos de notarios

D178
1459, maio, 8
Fernando de Camba, escudeiro, prestameiro de San Salvador de Camba, arrenda durante dous anos a Estevo de Cantelle a metade do dito préstamo por mil pares de brancas anuais. (fols. 53v-54)

Estevo de Quantelle.

Sabean quantos esta carta de arrendamento viren como eu Fernando de Canba, escudeiro et teendor et prestameyro do prestamo de San Salvador de Canba, arrendo a vos Estevo de Quantelle o dito prestamo da ameatade do dito benefiçio de San Salvador de Canba, a qual dita ameatade do dito benefiçio vos arrendo deste dia de San Joan Bautista primeiro que ven ata dous annos conpridos primeiros sigentes, duas novydades alçadas tan solamente et mays non, con estas condiçoes, que me diedes et pagedes de cada anno por la dita ameatade do dito benefiçio et prestamo mill pares de brancas, que son ennos ditos dous annos (os ditos mill pares)* dous mill pares (fol. 53v)
de brancas, dos quaes ditos dous mill pares de brancas me logo dou et outorgo de vos por entrego et ben pagado por quanto(s)* reçeby de vos en dños. feitos et contados, de que me dou et outorgo de vos por entrego et ben pagado et renunçio etç. et que ajades et levedes para vos todos los frutos e disemos et primiçias et rentas, foros, dereytos et dereyturas et outras quaes quer cousas ao dito benefiçio perteesçentes livres et quites de todo outro tributo, çenso e renta et encarrego alguun en pas et en salvo, et se encarregos alguuns ende ouver durante os ditos dous annos que os pague eu o dito Fernando de Canba en maneira que leve-des os ditos frutos por los ditos dous annos en pas et en salvo, et que levedes o terço dos frutos do caseyro da dita iglesia de cada anno et eu que leve os serviços et obrigo a min et a meus beens de voslo faser saao et de pas et de vos defender con el a dereito durante o dito tenpo etç. penna do dobro etç. Feita a carta enna çidade d’Ourense, oyto dias do mes de mayo do dito anno de LIX. Tests. que foron presentes Alvaro da Devesa, Fernando Afonso da Torre e meestre Antonyo. (fol. 54)