GMH/ÍNDICE A-Z

107

1419, xaneiro, 23.
Fernan Ares Xarpa recoñece ter recibido 1.494 maravedís, dos marcos que lle correspondían por mercede do Rei.

Viinte e tres dias do mes de janeiro. Sabean quantos esta carta viren que eu Fernan Aras Xarpa, outorgo e conosco que reçebi de vos Juan Aras da Cana, jurado enna çidade de Santiago, mill et quatroçentos e noventa e quatro moravedis de moeda vella, os quaes me pagastes en nome do conçello da dita çidade e son dos marquos de noso señor el rey que del teño en merçed do anno pasado de mill e quatroçentos e des e oyto annos e renunçio a toda eixençon que non diga delo o contrario. Testemoyas, Jacome Garçia Queijo e Fernan Gonçales ome do dito Juan Ares e Gonçalvo Serpe e Gomes de Baltar, omes do dito Fernan Ares.