GMH/ÍNDICE A-Z

68

1418, marzo, 2.  
O Concello acorda que se pague ó Bacharel en Decretos e Rexedor da Cidade os maravedís que dos marcos do arcebispo este lle fixera mercede.
O Concello ordena que se paguen os seus salarios a Domingo Longo, Pedro Afonso e a Sueiro da Enfesta e Fernan Bieites, serventes do mesmo.
(Fol. 32)

Quarta feira, dous dias do mes de março, este dito dia seendo o conçello, alcalles e regidores jurados e omes bõos da çidade de Santiago juntados enno sobrado da notaria de min Rui Martines notario publico da dita çidade por crida de anafil, segundo que han de usso e de custume, presentes ende Martin Galos e Juan Aras da Cana, alcalles enna dita çidade e Martin Serpe e Alvaro Afonso Juliate e Afonso Fernandes Abril, Gomes Rodriges, bachiller en Decreto e Fernan Gonçalves do Preguntoyro, regidores jurados enna dita çidade e presentes outrosy Gil Peres e Juan Garcia de Vilarente, Aras Chantreiro, Migell Rodriges do Vilar et Johan Duran, vesiños e moradores enna dita çidade, os quaes o dito conçello, alcalles e regidores jurados eligiron este dito anno para que por parte dos mercadores e dos outros ofiçios et comunidade da dita çidade estevesen con os ditos alcalles e regidores e procuradores a as posturas et derramamentos de quaesquer contias de moravedis que enna dita çidade se ouvesen de dar e coller e repartir este dito anno e ao tomar das contas. Et en presença de min o dito Ruy Martines, notario, e das testemoyas infra scriptas paraesçeu ende Johan Fernandes de Canas, coengo de Santiago e recabdador de noso señor o arçobispo de Santiago don Lope de Mendoça e presentou e feso leer por min o dito notario hũa carta do dito señor arçobispo scripta en papel e firmada de seu nome, da qual o tenor he este que se sigue: Conçejo e alcalles e jurados e omes buenos de la nuestra çibdat de Santiago. Nos el arçobispo de Santiago vos enviamos mucho saludar fazemosvos saber que por los menesteres en que al presente estamos e nos recresçen de cada dia que nos fue neçesario de nos servir de vos e de los otros conçejos e logares del nuestro arçobispado de çiertas quantias de maravedis este anno de la data desta nuestra carta de las quales mandamos fazer repartimento en el qual vos copo a pagar veynte e çinco mill maravedis de moeda vieja, contando blanca en tres dineros, porque vos rogamos e mandamos que sy plazer e serviçio nos avemos de fazer que luego, vista esta nuestra carta repartades entre vos los dichos maravedis e los dedes luego cogidos e recabdados a Juan Fernandes de Canas, nuestro recabdador que los ha de aver e de recabdar por nos e tomad su carta de pago o del que lo ovier de aver por el e con ella e con esta nuestra carta, mandamos que vos sean resçibidos en cuenta los dichos maravedis e non fagades ende al. Dada en la nuestra çibdat de Santiago, quinze dias de enero, anno del Nascimiento del  Nuestro Señor Jhesu Christo de mill e quatroçientos e dies e ocho annos. Lupus. archiepiscopus Comppostellanus.
A qual carta presentada e liuda por ante min o dito notario, o dito Juan Fernandes frontou e requirio ao dito Conçello, alcalles e regidores jurados e omes bõos que conprisen a dita carta do dito señor arçobispo en todo e por todo segundo se en ela contiinna e en conprindoa que fose sen logo repartir os ditos morabedis e llos desen collidos e recabdados segundo que o dito señor arçobispo lles mandava por la dita sua carta. Et logo o dito conçello, alcalles e regidores jurados diseron que eles avyan ja mandado repartir e derramar enna dita çidade hũa renda de triinta mill moravedis, contando branqua en tres dineiros para pagar os ditos viinte e çinquo mill maravedis e outras devedas que devyan e que os mandaran ja coller e recabdar et por ende que mandavan e mandaron a Alvaro Gil e Pero Leiteiro, seus procuradores que presentes estavan que dos ditos moravedis que asy avyan de recabdar desen e pagaen ao dito Johan Fernandes en nome do dito señor arçobispo os ditos viinte e çinquo mill moravedis da sobredita moeda con que servian este dito anno ao dito señor arçobispo tanto que fosen recabdados e que lles mandavan que quando fezesen a dita paga que reçebesen en sy a dita carta de repartirnento original do dito señor arçobispo e tomasen carta de pago do dito Juan Fernandes de como lle fasian a paga dos ditos moravedis e con elas e con este mandolles seerian reçebidos en conta e en pago os ditos viinte e çinquo mill moravedis. Testemoyas que a esto foron presentes, Fernan Aras Xarpa, e Pero Eanes Abraldes e Juan Serpe e Vaasco Gomes de Marçoa, visiños da dita çidade.
Predito.- O dito conçello, alcaldes e regidores sobreditos diseron que por quanto Gomes Rodriges, bachiller en Decretos e regidor enna dita çidade, que presente estava, os requirira e requiria que lle fesesen pagar os moravedis dos marquos de noso señor o arçobispo que el ten del en merçed en cada hũu anno et que avya de aver este dito anno e lle avian de pagar22 //
(Fol. 32 vº)
en este mes de março, por ende que mandavan e mandaron aos ditos procuradores, que presentes estavan que de quaesquer moravedi que por lo dito conçello recabdavan e avyan de recabdar este dito anno que desen e pagasen ende en este dito mes de março ao dito Gomes Rodriges ou a quen o por el ouvese de aver os moravedis que asy avia de aver este dito anno por rrason dos ditos marquos por vigor da merçed que delo lle fesera o dito señor arçobispo e que tomasen carta de pago do dito Gomes Rodriges ou de aquel que por el ouvese de aver e con ela e con este mandado lles seerian reçebidos en conta os ditos moravedis e que mandavan aos ditos procuradores que cada hũu pagase a medade que deles lle coubese pagar, por maneira que anbos conprisen a dita paga. Testemoyas as sobreditas.
Predito.- Mandaron mays aos ditos procuradores que pagasen a Domingo Longo e a Pero Afonso e a Sueyro da Enfesta e a Fernan Beeites os seus selarios que lles eran devidos do anno pasado de mill e quatroçentos e dez e septe annos que se fiinçeu o postromeiro dia de janeiro deste dito anno.Testemoyas, os sobreditos.

 
22 Sobre o borrado que dicía: “e seerlle”.