GMH/ÍNDICE A-Z

324
1335, marzo, 7. Lugo

O Cabido de Lugo arréndalles a Xoán Martíns e á súa muller, Maior Pérez, durante cinco anos, un casal en Suylae, freguesías de Santiago de Meilán, San Lourenzo de Albeiros e Santiago de Saamasas, por 80 marabedís anuais.

MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 1v.

Sabeam quantos esta carta viren commo nos o cabidoo [da iglesia de Lugo] con outorgamento de don Pedro Iacome, iuys et vigario de don Fernan Aras, dayam desse lugar, arrendamos a vos, Iohan Martines dito Maçaas, et a vossa muller Mayor Peres, o nosso casal d’erdade que he en Suylae et en seus terminos, quaes de vos compramos, que he sub signos de Santiago de Meylae et de Santiago de Samassas et de San Lourenço d’Alveyros, con suas dereyturas et pertenenças, deste ianeyro que passou ata çinquo annos primeyros que veen. Et avedes nos a dar cada anno en renda a nos o cabidoo para nos et para os aniverssarios d’esta iglesia oyteenta moravedis, d’oyto soldos o moravedis d’esta moneda del rey don Affonso, en salvo de toda cousa por dia de sam Migeel de setenbre. Et aquel que morar enno dito noso casal ha de seer deffeso et anparado segundo o foren os outros serviçaes da iglesia de Lugo. Et nos o cabidoo [debemos] de vos façer esta renda de paz enno tempo sobredito. Et estes çinquo annos passados novos alçados avedes nos a leyxar esta casal livre et quito et desembargado con todos los boos paramentos que y foren feytos. Et nos, Iohan Martines et Mayor Peres, assy reçebemos de vos o cabidoo sobredito esta renda do dito casal enno tempo sobredito, et obligamos nos et todos nossos bees de vos pagar cada anno os ditos oytaenta moravedis por dia de Sant Migeel segundo dito he. Et prometemos et outorgamos de vos leyxar o dito casal livre et quito et desenbargado estes çinquo annos passados. Et por que esto seia çerto et non venna en dulta nos as ditas partes rogamos a Ruy Fernandes, notario publico de Lugo, que feçesse desto duas cartas tal huna commo outra.

Que foy feyta VIIe dias de março, era de mill et treçentos et LXX et tres annos.

Testemoyas: don Fernando de Deus, chantre; don Gonçalvo Garçia, mestrescolla; don Aras Pelaes, thesoreyro; Aras Peres et Gomes Pelaes da Cruz.

Et eu Ruy Ferrnandes, notario sobredito, dado pe-lla auctoridade do bispo desse miismo lugar a esto commo dito he presente foy et a rogo das partes sobreditas esta carta escrivi en este livro do cabidoo et puge en ella meu signal en testemoyo de verdade.