GMH/ÍNDICE A-Z

363
1337, setembro, 9. Lugo
Reunido o Cabido para facer as contas do mes de agosto, o vigairo do deán solicita que, por ausencia deste, non se lle desconte a ración. O Cabido acorda pagarlle aquela baixo certas condicións.
MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 14r.

Era de mill et CCC LXXª et çinquo annos, nove dias de setenbre.

En presença de min Iohan Gonçalves, raçoeyro et notario publico de Lugo, et das testemoyas que adeante son escriptas, seendo aiuntados en cabidoo enno thesouro da iglesia de Lugo por canpaa tangida os omes boos dessa iglesia para façeren conta das suas raçoes do mes d’agosto que pasara, dom Pedro Iacome, juys de Lugo et vigario de dom Fernan Aras, dayam dese lugar, mostrou huna carta do dito dayam a os omees boos do dito cabidoo por qu’elles enviava demandar que o contasen en toda sua razon eno tempo pasado assy commo a residente, por quanto diçia que andava enno seu deadigo et ennas amistraçoes que tina acadando os dineiros que nosso senor el rey demandava a as iglesias, por los quales diçia que se el obrigara a pagar a o colledor que os avia a coller por nosso sennor el rey. Et logo os omes boos do dito cabidoo diseron que esto que o non avian por huso nen por custume de o faser a o dito dayan nen a outro ningun da iglesia sobre tal raçon commo esta, mayormente que o dito dayan andava por seu deadigo et por outros lugares do bispado acadando suas procuraçones et suas devedas, et esto que pararia muy gran periuyzo a a iglesia se se feçesse, ca cada hun dos outros que avian iuridiçoes enna iglesia demandarian esto que demandavan o dito dayan, ca non avian tal a que non devessen alguna coussa deste pedido ennas suas iuridiçoes, et querria que o contassen en absençia en quanto fose recadar; enpero os omes boos do dito cabidoo acordaron de façer graçia a o dito dayam por raçon que era fraco et por tal qu’elles pagase ben o qu’elles devia dos seus terços, que era huna grant quantia de dineiros para as raçoes do mes d’agosto que el amistrava, acordaron de o contar en toda sua raçon ben et conpridamente enno dito mes con protestaçon que esto non parasse periuyzo adeante a o dito cabidoo nen a ningun dos benefiçiados da dita iglesia. Et por que esto se tevesse et guardase mellor et mays conpridamente d’aqui adeante, et que non fosse occasion que ningun dos da dita iglesia nen outro ingun les esto demandase nen le fosse outorgado d’aqui adeante. Don Fernan de Deus, chantres, don Alvar Dias, archidiago de Sarrea, don Aras Pelaes, thesoreyro, Andres Peres, Affonso Gomes, Pedro Galvan, Vaasco Dias, Johan Ferrnandes, Vaasco Rodrigues, Affonso Eanes Johan Ferrnandes, Johan Guterres, raçoeyros da iglesia de Lugo, feçeron iuramento a os santos evangelios, tangeiudos corporalmente con suas maos, que esta graçia que non fosse outorgada por ninhuuns delles a ninhun que a demandasse d’aqui adeante, et que lla cotradissesen a todo seu poder, salvo os seus trinta dias que cada hun dos benefiçiados da iglesia ham de huso et de custume desse contar in absençia quando que ande enno bispado. Et se por la ventura o dito dayam non les pagase o qu’elles devia do tenpo passado que en salvo les ficase seu dereito que avian para o descontar a el et a os seus fiadores segunt que mandavan as costituçoes da iglesia de Lugo, et demyas que a dita gracia que facian a o dito dayam de contarlo no dito mes que fosse nenhuna.

Feyto foy esto dia et era sobreditos testemoyas os omes boos do cabidoo que ditos son.

Et yo Johan Gonçalves, raçoeyro et notario publico de Lugo por auctoridate do bispo desse lugar, a esto que dito he presente fuy et a pidimento dos omes boos do cabidoo sobreditos este instromento en este livro en minna presença fige scrivir et puge y meu nome et meu sinal en testemoyo de verdade.