GMH/ÍNDICE A-Z

124

1419, xuño, 30.
O Concello diante da protesta de Juan de Trivyn, caldeireiro, na rúa do Castro, e vistas as súas razóns, rebáixalle a cantidade coa que figuraba nos impostos.

Triinta dias do mes de juyo. Sabean todos que seendo Gomes Rodriges, bachiller en Decretos, e Vaasco Fernandes Troquo, alcalles enna çidade de Santiago e Fernan Gonçales do Preguntoiro e Martin Galos e Alvaro Afonso Juliate e Juan Ares da Cana, regidores, jurados e homes bõos da dita çidade juntados en consistorio en no sobrado da notaria de Rui Martines, notario da dita çidade, segundo que han de costume e en presença de min Fernan Yanes, notario publico de noso señor el rey enna su Corte e en todos los seus regnos e escusador por lo dito Ruy Martines, notario e dos testemoyas adeante scriptos, enton paraesçeu enno dito consistorio Johan de Trivyn, caldeereiro, morador enna Rua do Castro da dita çidade e diso a os ditos alcalles e jurados que os postores da renda e fallas da colaçon de Santa Maria Solame en que el agora morava, repartiran e poseran maliçiosamente a el e a Martin e a Diego seus braçeiros e atamadiços, noveenta maravedis, branca en tres dineiros non teendo os ditos Martiño e Diego casas de morada nen molleres e labrando con el por seu soldo e pedeu a os ditos alcalles, regidores, jurados e homes bõos que desagraveasen a el e mandasen que os ditos Martiño e Diego que non pagasen en tal renda nen fallas, pois non eran casados nen tĩinan domeçilio sobre sy, e os ditos alcalles, regidores e homes bõos diseron [que en desagraveandõos] que pois os sobreditos Martiño e Diego estavan por sua soldada con o dito Juan de Tryvyn e non eran casados nen tiinan casas nen domeçilio sobre sy, que mandavan e mandaron que non pagasen cosa algũa dos ditos noveenta maravedis por rason de renda, fallas nen refallas e que o dito Juan de Trivyn pagase quoreenta maravedis, blanqua en tres dineiros e non mays por renda e fallas e refallas e os çinquoeenta maravedis que se tornasen en fallas e os da dita colaçon onde el agora morava e esto en quanto tangia a arrenda que se agora recabdava enna dita çidade. E desto en como pasou o dito Juan de Trivyn pedeu a min o dito notario e escusador testemoyos por garda do seu dereito [e dos sobreditos Martiño e Diego]. Esto foy enno dito lugar, anno, dia e mes sobreditos. Testemoyas que a esto foron presentes, Garçia Rodriges e Juan Dominges, procuradores do conçello da dita çidade Vaasco Gomes de Marçoa e Ares Chantreiro e Alvaro Gil, vesiños da dita çidade.  //
(Fol. 62 vº)