GMH/ÍNDICE A-Z

86

1418, xuño, 13  
 O Concello ordena se pague a Pero Afonso e Rui Martínez por razón do salario de notarios.

Dia lũus, trese dias do mes de juyo. Sabean todos que seendo o conçello e alcalles e regidores jurados e omes bõos da çidade juntados por crida de anafil, segundo que han de costume enno sobrado da notaria de Rui Martines, notario publico da dita çidade, presentes ende Martín Galos e Juan Ares da Cana, alcalles enna dita çidade, Afonso Fernandes Abril, Alvaro Afonso Juliate Fernan Gonçales do Preguntoiro e Gomes Rodriges, bachiller en Decretos, jurados e regidores enna dita çidade e en presença de min Fernan Yanes, notario publico de noso señor el rey enna sua corte e en todos los seus regnos e escusador por lo dito Ruy Martines e das testemoyas adeante escritas, enton o dito conçello, alcalles e regidores, mandaron a Alvaro Gil procurador do dito conçello que pagase a Pero Afonso notario da dita çidade o seu selario deste anno e mandaron a Pero Leiteiro, procurador eso mesmo do dito conçello que pagase a o dito Rui Martines, notario o seu selario e alcançasen deles carta de pago e lles serian reçebidos en conta. Testemoyas, Fernan Ares Xarpa çidadaao de Santiago e Bernald Yanes do Camino e Gonçalvo de Covas, canbeadores e Juan Ares Chantreiro, vesiños da dita çidade.