GMH/ÍNDICE A-Z

193
1330, decembro, 31
foro

Os clérigos do coro afóranlle a perpetuidade a Martiño Domínguez, reitor da igrexa de Cudeiro, unhas herdades nese lugar por 4 libras.

ACOu, Clérigos do Coro, 106

Enno nomme de deus amen. Sabeam quantos esta carta viren commo nos Martin Domingues da rua da Obra e Pero Lourenço clerigos do coro d’Ourense e procuradores da universsidade dos clerigos do coro desse lugar, damos e outorgamos a foro para senpre a vos Martin Domingues reitor da igleia de San Pero de Codeyro, todos quantos herdamentos Pero Affonso de Prexegueyrõo coengo que foy d’Ourense avya de parte de Affonso Domingues dito Codeyro seu padre que foy en termio de Codeyro no lugar que chaman a (G)olffa, convem a saber della casa de Marina Paez dita Marinella ata a chousa de Miguell Martines. Os quaes herdamentos o dito Pero Affonso mandou aos ditos clerigos do coro. Afforamos a vos os ditos herdamentos de desimo a deus e livres e quites de todo outro enbargo, a monte e a fonte con entradas e seydas e con todos seus dereitos e perteenças assi que vos e toda vossa vos aiades e posseyades elles daqui endeante em jur derdade para senpre e os lavredes e paredes bem en maneira que non desfalescam por mingua de lavor e de boon paramento, et dedes delles de renda cada anno en salvo por dia de Sam Martiño aos ditos clerigos do coro quatro libras de brancos da moeda del rey dom Fernando contados xl pares de diñeiros novees por tres libras ou a quantia delles. Et se (quiser)des vender, deytar ou obrigar os ditos herdamentos que os vendades ou obliguedes ou deytedes ante aos ditos clerigos do coro ca a outre por lo justo preço, et se os elles assi non quiserem reçeber que enton os vendades ou obliguedes ou deytedes a atal pessoa que seia semellavil de vos e conpra e pague en paz aos ditos clerigos do coro todo esto que sobre dito e. Et nos obligamos a vos todos los beens dos ditos clerigos do coro para anparar vos e toda vossa voz senpre a dereito con os ditos herdamentos. Et eu Martin Domingues sobredito reytor da dita igleia de Codeyro para lavrar os ditos herdamentos e para pagar o dito foro e conprir e aguardar todo esto que sobre dito he por min e por toda mina voz obligo min e todos meus beens gaañados e por gaañar. Posto foy e outorgado entre as partes sobre ditas que a parte que contra esto passar que peyte a outra parte por pena lª mor. da dita moeda e esta carta e afforamento fique senpre firme. Feyta a carta en Ourense o pustrimeiro dia de dezenbro, era de mill e ccclxviiiº annos. Tests. Pero Estevees, Roy Peres clerigos do coro d’Ourense, Pero (Rodrigues) morador en Çima de Villa (...) escudeiro, Gonçalvo Coello alfayate, G(onçalvo) Peres de Ribam(...), Fernando Porteiro home de Affonso Viviaez.

Et eu Domingo Eanes notario jurado d’Ourense porla egleia desse lugar que a esto presente foy e a pedimento das ditas partes escrivi ende duas cartas partidas por .a.b.c. e meu signal y puge.

Et estes herdamentos non se deven mays (...).

(sinal)

[reverso] Carta dos beens de Codeyro dos clerigos do coro.