GMH/ÍNDICE A-Z

72
1433, novembro, 2

Vasco Rodrigues da Correaria e Rui Gonçalves, mariñeiro, veciños de Pontevedra, declaran que recibiron de Juan de Viveiro, mareante, a parte do diñeiro que lles correspondía da venta do navío de nome Santiago no que eran socios.

(f. 34)

Dous dias do mes de novembro. Sabean todos que nos Vasco Rodrigues da Correaria et Rui Gonçales, mariñeiro, vesiños da villa de Pontebedra, que somos presentes, outorgamos et conoscemos que rescebimos de vos Juan de Viverio, mariñeiro, besiño da dita villa, que sodes presente, toda a contia de mrs. por que vos bendestes o nabio Santiago de que nos eramos parçoeiros ẽnos tres quartos del et eso mesmo vos erades del mestre et parçoeiro ẽno outro quarto, por quanto o bendestes por noso nome, et eso mesmo conosçemos et outorgamos que reçebemos de bos, o dito Juan de Biveiro, toda a nosa parte et quiñon de todos los fretes et gaanos et por calços que o dito nabio ganou et por calçou o tenpo de que asi del fostes mestre et resçebedor por nos, et de todo elo nos outorgamos por entregos et pagos a toda nosa voontade ben et conpridamente, et renunçiamos a ley de non numerata pecunia et a toda outra enxençon que nunca ende digamos o contrario em juiso nen fora del, et seo disermos que nos non balla, et por ende desde oje este dia ende queremos et anunciamos, damos por livre et quito a vos, o dito Juan de Viveiro, et a bosos bẽes para todo senpre de toda a contia de mrs. por que o dito nabio con seus aparellos bendestes, et eso mesmo de todos los ditos fretes, por calços et gaanos que el asi ouvo et gaanou o dito tenpo de que asi del fostes mestre, por quanto de todo elo nos contentastes et pagastes a toda nosa voontade como dito ne, et outorgamos de vos non bĩir nen pasar contra esta dita carta de pago que vos asi damos en ninhũu tenpo que seja, aa boa fe de Deus et sen mao engano, et por nos et por nosos bẽes que vos a elo obligamos et so pẽna de dez mill maravedis de boa moeda que outorgamos de vos dar et pagar de pena se o asi non tovermos et conpriremos et contra elo vieremos, et a pena pagada ou non esto como dito he este senpre firme. Et eu o dito Juan de Viveiro, que soo presente, asi o rescebo. Feita a carta na dita vila de Pontevedra, ano, dias, mes sobreditos. Testemoyas: Fernan Lopes, alfayate, Juan de San Domingo, carpenteiro, moradores na dita villa de Pontevedra, et outros.