GMH/ÍNDICE A-Z

951
1417, setembro, 28. Lugo

O Cabido de Lugo afóralles a Fernán Rodríguez e a dúas voces as herdades e casal de Castelo na freguesía da capela de Santiago, por renda anual de 40 marabedís.

MADRID, AHN, Cód. 416 B, fs. 122 v.- 123 r.
       

Sabam todos como nos as persoas coengos et benefiçiados et omes boos do cabidoo da iglesia de Lugo sendo juntados en nosso cabidoo en o coro da dita iglesia por campaa tangida, segundo que avemos de uso et de custume, avendo primeyramente deliberaçon et consello, et veendo et entendendo que he nossa prol et de nosos suçessores, et de consintimiento de Lopo Ferrnandes, coengo, rendeyro prinçipal dos aniverssarios da dita iglesia, que esta presente et outorgante, aforamos a vos Fernan Rodrigues de Fonpedrina, visino de Lugo, por en toda vossa vida et por outras duas persoas depus de vos, huna qual vos nomeardes et outra qual nomear aquela que por vos for nomeada, et se por ventura non for nomeada que seia aquela que de dereyto erdar vosos bees ou das ditas perssoas, as erdades et casal de Castelo, que he sub signo da Capela de Santiago, con seus jures et pertenenças et arvores et formaes et entradas et seydas et prados et pascos a el perteesçentes, segundo que as ussava et posuya Fernan Martines das Camoyras que foy, et outros por el; a tal condiçon que façades labrar bem as ditas erdades, et reparar as casas del de aquelo que lle feser mester et manteerlas feytas et levantadas, et as erdades lavradas em boo paramento, et façades sacar de monte as erdades que en el iasen; et dedes de foro et renda en cada un ano vos et as ditas persoas quarenta moravedis de longos et de moneda vella, et que os pagedes em pas et em salvo en a çiudade de Lugo sen desconto nihun, a aquel que for rendeyro dos ditos aniverssarios, por dia de Natal, et a finamento da / pustrimeyra persoa que suçeder depus de vos et da outra persoa en o dito foro, como dito he, que as ditas erdades et cassas fiquen quitas et livres et desenbargadas a a dita iglesia de Lugo et a os ditos aniverssarios dela con todos los boos paramentos que em elas forem feytos.

Et eu, o dito Fernan Rodrigues de Fonpedrina, que presente estou por min et em nome das ditas persoas asi reçebo de vos, os ditos senores do dito cabidoo, o dito foro, et obligo meus bees et seus de o pagar et comprir et atender segundo et en a maneyra que dita he. Et nos as ditas perssoas asi vos lo outorgamos. Et porque esto seia çerto nos as ditas partes rogamos et mandamos a o notario juso scripto que faça desto duas cartas de foro em hun tenor, ou mays se compriren, as mays firmes que se poderen faser en dereyto.

Feyto et outorgado foy esto que dito he en a çiudade de Lugo en o coro da dita iglesia cathedral de Santa Maria de Lugo, viinte et oyto dias do mes de setembro, ano do nasçemento de nosso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et des et sete anos.

Testemoyas que foron presentes: don Lopo Dias, mestrescola; don Rodrigo Ares, chantre de Santiago, Lopo Ferrnandes, Afonso Teyxeyro, Fernan Rodrigues das Camoyras, Nuno Gomes, coengos; Pedro Ferrnandes das Camoyras, raçoeyro; Rodrigo, signeiro, et outros.

(sen subscrición).