GMH/ÍNDICE A-Z

78

1418, abril, 7.
O arcebispo dá ordenanzas sobre os panadeiros e o pan, mandando se dean os pregóns de costume.

Quinta feira, septe dias do mes de abril. Este dito dia estando en hũa camara dos paaços do muy reverendo in Christo padre e señor don Lope de Mendoça, arçobispo de Santiago e estando ende presente o dito señor arçobispo en presença de min Rui Martines, notario publico jurado da cidade de Santiago e das testemoyas adeante escriptas, logo enton, o dito señor arçobispo diso que por quanto lle era feyta relaçon que as paandeiras (sic) da dita çidade vendian o pan falesçido do peso segundo que era ordenado por lo conçello da dita çidade e outrosi lle fora dito que se non guardavan as outras ordenanças feitas por lo dito conçello e por el confirmadas para proveemento {e bõo} regimento da dita sua çidade, por ende ende querendo remediar çerqua delo, que mandava e mandou a Juan Ares da Caña e Martin Galos, seus alcalles enna dita çidade, que presentes estavan, que fesesen pregoar publicamente //
(Fol. 40)
por las plaças da dita çidade e mercados acostumados estas cousas que se adeante siguen, as quaes dou en escripto a min o dito notario e eu lii por seu mandado en presença dos sobreditos e do qual dito escripto que me asy fui dado por lo dito señor arçobispo, seu thenor del he este que se sigue: Lo primero, que qualquer panadera que vendiere el pan fallesçido del peso que la pongan en la picota. Iten que ninguna panadera non faga pan alguno salvo do dinero e que tenga marqua e qualquer que de otra gisa lo fesiere que sea obligada a la dicha penna. Iten que qualquer que quebrare los otros ordenamentos fechos por el conçejo e confirmados por nuestro señor el arçobispo que peche las pennas en ellos contenidos e los alcalles non exsecutando las pennas que por cada ves pechen seisçientos maravedis para los muros de la çibdad e de mas que quede a la merçed del arçobispo a les dar otras penas. O qual dito escripto liudo por min o dito notario o dito señor arçobispo diso que mandava e mandou a os ditos alcalles que fesesen pregoar as cousas susoditas, segundo que enno dito escripto se continan e que as exsecutasen contra as personas que o contrario delo fesesen. E os ditos alcalles diseron que eran prestes para elo que asy o farian e cunplirian segundo que a sua merçed lles mandava. Esto fuy enna dita çidade enno sobredito lugar, dia e mes e anno sobreditos. Testemoyas que a esto foron presentes: Juan Davila coengo enna igllesia de Santiago e Gomes Rodriges, bachiller en Decretos, jurado da dita çidade e Juan Afonso de Çamora contador do dito señor arçobispo e Pero Afonso, notario da dita çidade, familiares do dito señor arçobispo. Despois desto en este dito dia en presença de min o dito notario e das testemoyas infrascriptas paresçeu Domingo Longo, servente e pregoeiro do conçello da dita çidade e diso que el por mandado dos ditos Juan Ares e Martin Galos, alcalles, pregoara altas voses con anafil tangido as ditas ordenanças feitas por lo dito señor arçobispo segundo que de suso he declarado por las praças da dita çibdade e lugares acostumados. Testemoyas que a esto foron presentes: Alvaro Gil e Pero Leiteiro, canbeadores, procuradores do dito conçello e Alonso Peres e Fernan Montesiño, escrivãos de min o dito notario.