GMH/ÍNDICE A-Z

624
1358, setembro, 4 martes. Lugo
O bispo e o Cabido de Lugo outórganlle a María Fernández 60 terzas de pan anuais polo celeiro de Santalla mais unha casa na cidade e recibe a cambio a metade do couto de San Lourenzo de Peibás, a cuarta parte de seis casais en Monterroso e outras propiedades.
MADRID, AHN, Cód. 417 B, fol. 51v-52r.

Sabeam quantos esta carta virem commo nos dom frey Pedro Lopes da ordem dos preegadores, por la gracia de Deus et da santa iglesia de Roma, obispo de Lugo, con outorgamento de don Lopo Domingues, juys, vigario de dom Diego Fernandes, dayam, et dos homes boos do cabidoo da dita iglesia da huna parte et eu, Maria Fernades de Sant Lourenço, filla de Estevoo Fernandes de terra de Sobrado et de Costança Gonçalves, filla que fuy de Gonçalvo Rodrigues de Rodeyro, da outra, fazemos entre nos tal enprazamento valedeyro para senpre iamays, conven a saber que nos, o dito sennor obispo, damos a vos, a dita Maria Fernandes, para en toda vosa vida sesseenta terças de pan cada anno, as duas partes de temporao et a terça de serodeo, as quaes vos outorgamos a dar pello noso celleyro de Santa Alla et trager-vos lo pella nossa custa a esta nosa villa de Lugo a a casa ut vos, a dita Maria Fernandes, morardes, et se vos, a dita Maria Fernandes, quiserdes tomar hun ou dous casares en este dito nosso çelleyro de Santa Alla para en toda vossa vida et os quiserdes poblar et lavrar por vosos lavradores, que os tomedes en aquella quantia que valueren para desscontar de cada anno das ditas sesseenta terças de pam que vos avemos a dar, et os foros dos homes que lavraren o dito casal ou casares que fiquen a nos, o dito sennor obispo, et avemos-vos a dar huna cassa en que vos a dita Maria Fernandes moredes en toda vosa vida en esta nossa çibdade sen alugueyro.

Et eu, a dita Maria Fernandes, por este ben et merçee que me vos, o dito sennor obispo, et a dita vosa iglesia fazedes dou a vos, o dito senor obispo, et a a dita vosa iglesia por iur de herdade para senpre iamays a meatade do meu couto de Sant Lourenço de Peyvaes con todas suas dereyturas et pertenenças et con todas quantas herdades, cassas, eu aio enno dito couto que me perteesçe por parte dos ditos meu padre et madre, et dou-vos mays a apresentaçon da meatade de toda a iglesia de Sant Lourenço de Peyvaes que he minna, et dou mays a vos, o dito sennor obispo, et a a dita vosa iglesia, a quarta parte de seys casares de herdade que som en Monterrosso con huna poussa de casa forte que y esta, conven a saber a quarta parte do casal de Cotorelo, et a quarta parte do casal de Parteme, et a quarta parte do casal de Pineyro, et a quarta parte do cassal de Seyxoes, et a quarta parte do cassal d’Argeiis, et a quarta parte d’outro cassal que eu y aio; por la qual quarta parte dos ditos cassares eu tenno en minna canava o cassal de Perteme. Item dou mays a vos, o dito sennor obispo, et a vossa iglesia, hun cassal de herdade que eu aio en Tavoada dos Freyres, a o qual chaman Pinnor, que he sub signo de Sant Lourenço de Pinnor. Item vos dous mays hun casal de herdade, que aio a o Paaço de Negral, con sua camara et con o meu quinon do paaço con todas suas dereyturas et pertenenças. Item dou mays a vos, o dito sennor obispo, et a a dita vossa iglesia, a quarta parte de sete cassares de herdade, que eu aio enno couto de Sant Martino dos Condes, con todas suas dereyturas et pertenenças et con a minna parte do couto et sennorio, et con doze soldos que aio de cada anno pello pe do altar da iglesia de Sant Martino dos Condes, con a apresentamento et padroadigo della, que me perteesçe por parte dos ditos meu padre et madre; et dou mays a vos, o dito sennor obispo, et a a dita vossa iglesia, dous cassares de herdade que aio en Santa Maria de Ferroe con a meatade da poussa que y esta feyta con todas suas dereyturas et pertenenças, os quaes cassares et poussa me perteesçen de aver por Lopo Garçia de Ferroe, meu marido que fuy. Item vos dou mays a minna parte da poussa dos paaços da Mota. Item vos dou mays o apresentamento que aio enna iglesia de Sant Estevoo da Mota, et o apresentamento que aio enna iglesia de Santa Maria de Moesteyro de Pallares, et o apresentamento que aio enna iglesia de Castello dos Cavalleyros, que he enno Couto novo. Item vos dou mays o meu quinon dos nasseyros, que eu aio en Vinnas et en Peyçaes et ennos Doqueyros et en Landeyras, os quaes me a min perteesçen por parte do dito meu padre et madre. Item dou mays a vos, o dito sennor obispo, et a a dita vossa iglesia, todas las outras herdades et casares et arvores et formaes et coutos et sennorios et padroadigos et iglesiarios, que eu aio et me perteesçen de aver por lo dito Lopo Garçia, meu marido que fuy, enno voso couto de Lugo et fora del et en todo o vosso bispado sacado o couto de Maçeeda, que he en Aveancos, que leyxo para min, a dita Maria Fernandes; e a qual meatade do dito couto de Sant Lourenço et cassares et herdades et padroadigos et iglesiarios et apresentamentos das ditas iglesias et coutos et sennorios dou logo a vos, o dito sennor obispo, et a a dita vosa iglesia para senpre. Et des oie este dia endeante eu, a dita Maria Fernandes, tiro de min o iur et a possison et a propriedade et sennorio de todas estas cousas sobreditas et cada huna dellas, que vos dou, et traspasso todo en vos et enna dita vossa iglesia, que vos aiudedes dello para senpre asy commo de vosa propriedade, salvo que aio eu, a dita Maria Fernandes, a levar en minna vida a meatade da dita iglesia de Sant Lourenço, et a meu finamento que fique livre et quita et desenbarguada a vos, o dito sennor obispo, et a a dita vosa iglesia. Et para esto asy comprir eu, a dita Maria Fernandes, obligo min et meus bees, mobilles et rayzes, gaanados et por gaanar de fazer de pas a vos, o dito sennor obispo, et a a dita vosa iglesia, a meatade do couto et cassares et herdades et pousas et padroadigos et iglesiarios et apresentamentos de iglesias et quinoes de nasseyros que vos dou enna maneyra que dita he.

Et nos, o dito sennor obispo, assy reçebemos para nos et para a dita nossa iglesia et obligamos et prometemos a dar et comprir a vos, a dita Maria Fernandes, todo o que sobredito he. Et que esto seia çerto et non venna en dulta nos as ditas partes rogamos et mandamos a Ruy Gonçalves, coengo, notario publico de Lugo, que fezesse desto duas cartas en hun thenor, tal huna commo outra, huna dellas para nos, o dito sennor obispo, et para a dita nosa iglesia, et outra para min, a dita Maria Fernandes.

Que foron feytas en Lugo, martes, quatro dias de setembre, era de mill et trezentos et noveenta et seys annos.

Testemoyas que foron presentes: dom Fernan de Deus, chantres; dom Affonso Gomes, arçidiago de Deza; dom Vaasco Rodrigues, arçidiago de Deçon; dom Vaasco Dias, arçidiago de Triacastella; dom Pedro Aras de Parrega, mestrescolla; dom Lopo Domingues, juys, vigario sobredito; dom Alvar Rodrigues, thesoreyro; Johan Dias, Thomas Gonçalves; Diego Martines, Fernan Peres, Diego Gomes, coengos da dita iglesia; Fernan Peres, Jacome Guillelmes, notarios de Lugo, et outros.

Et eu Ruy Gonçalves, coengo, notario publico de Lugo, dado por auctoridade do bispo desse miismo lugar, a todo o que sobredito he con as ditas testemoyas presente foy et a rogo et pedimento das ditas partes esta carta en minna presença fis escrivir et puge en ella meu signal en testemoyo de verdade.

Materias

árbore; arcediago; avinza; beneficio; cabido; canon foral; casas; celeiro; chantre; cóengo; couto; deán; dignidades; esposa; esposo; familia; fidalgo; filla; fisco; fortaleza; gran; herdanza; labrego; licenza; mesa bispal; mestrescola; muller; nai; notario; obrigación; padroádego; pai; pan; pazo; permuta; pesqueiras; poboador; pousa; presentación; presentación; soar; sogra; sogro; soldo; tesoureiro; viúva; xenealoxía; xenro; xuíz; xurisdición; bispo

Persoas

Afonso Gómez, arcediago de Deza; Álvaro Rodríguez, tesoureiro de Lugo; Constanza González; Diego Fernández, deán de Lugo; Diego Gómez, cóengo de Lugo; Diego Martínez, cóengo de Lugo; Estevo Fernández de Sobrado; Fernando de Deus, chantre de Lugo; Fernando Pérez, cóengo de Lugo; Fernando Pérez, notario; Gonzalo Rodríguez de Rodeiro; Lopo Domínguez, xuíz de Lugo; Lopo Domínguez, xuíz de Lugo; Lopo García de Ferroi; María Fernández de San Lourenzo; Pedro Ars de Parga, mestrescola de Lugo; Roi González, cóengo de Lugo; Tomé Gómez, cóengo de Lugo; Vasco Díaz, arcediago de Triacastela; Vasco Rodríguez, arcediago de Dozón; Xácome Guillérmez, notario; Xoán Díaz, cóengo de Lugo; Pedro López de Aguiar, bispo de Lugo

Outros

Lugo, cabido; Terra de Monterroso; Lugo, bispado

Lugares

Abeancos, antiga xurisdición; Abeancos, arcediagado; Argeis; Castelo dos Cavalleyros, iglesia; Condes, San Martiño; Cotorelo, casal; Deza, arcediagado; Doqueyros, nasseyros; Dozón, arcediagado; Ferreira de Pallares, Santa María; Ferroi, Santa María; Gondulfe, San Lourenzo; Landeyras, nasseyro; Lugo; Maceda, San Miguel; Monterroso; Mota, Santo Estevo; Paaços da Mota; Pacio; Parga, antiga xurisdición; Parteme; Peibás, San Lourenzo; Peizás; Piñeiro; Piñor; Rodeiro, antiga xurisdición; Roma; Santa Alla, celleyro; Seixós; Sobrado de Picato, Santa Cruz; Suar, San Lourenzo; Taboada dos Freires, Santa María; Triacastela; Vina