GMH/ÍNDICE A-Z

495
1347, febreiro, 28. Lugo
O deán e o Cabido de Lugo afóranlle a Vasco Fernández o lugar de Mangoeiro cos seus casais, no couto de Santo Antonino, freguesía de San Tomé, por 50 marabedís anuais de renda e outras condicións.
MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 38r.

Sabeam quantos esta carta virem commo nos, o dayan, et cabidoo da iglesia de Lugo, seendo iuntados en cabidoo no coro da dita iglesia, segundo avemos acostumado, avervamos afforo et avervo a vos, Vaasco Fernandes d’Aveancos, por en toda vossa vida, o nosso lugar de Mangoeyros, que he no couto de Santo Antonino, na fiigrigia de Santome, con seus cassares que son dos aniverssarios, con suas pertenenças et dereyturas, conven a saber que avedes a lavrar et parar ben as herdads dos ditos cassares et a refaçaer as cassas do dito lugar et manteellas en boo estado, et avedes a dar cada ano, de renda desta herdade, en salvo na villa de Lugo, a os rendeyros dos aniverssarios, çinquaenta moravedis desta moneda del rey don Affonso, a oyto soldos o moravedi, et estes dineiros avedes a pagar, cada anno, des dia de Natal ata dia d’Entroydo sen malliça, et avedes a leyxar no dito lugar a vosso finamento dez armentios boos, os tres d’arada et as sete vacas, et o dito lugar fique livre et dessenbargado a a iglesia con os ditos armentios, et con todos los outros boos paramentos que en el foren feytos. Et non pagando vos, cada anno, os ditos çinquaenta moravedis, segundo dito he, que este afforamento et vervo, que nos vos façemos, que non valla nen aya nihuna firmiday et seya nihun, et o dito lugar que se torne a a iglesia con os ditos armentios et con todo-llos boos paramentos que en el foren feytos.

Et eu, o dito Vaasco Fernandes, assy outorgo et reçebo o dito vervo con as ditas condiçoes, et obligo min et todos meus bees de o comprir assy, et de mays dou-vos por fiadores et devedores et prinçipaes pagadores, cada hun po-llo todo a Roy Gonçalves de San Salvador et a Pedro Fernades, clerigo de San Pedro de San Romao, os quaes fiadores estan pressentes et outorgantes. Et, eu o dito Vaasco Fernandes, obligo min et meus bees de a dar en paz et en salvo da dita fiadoria estes fiadores, et demays por mayor avondamento elles et eu [...] metemo-nos a a iuridiçon da iglesia de Lugo, que o bispo o seus vigarios nos possan costrenger et poer en nos et en cada hun de nos sentença d’escomonyon, se o assy non conprirmos. Et que esto seya çerto nos, as partes sobreditas, rogamos a Fernando Peres Moreyra, notario publico del rey na çibdat de Lugo, que fezesse desto duas cartas en hun tenor tal huna commo outra.

Que foron feytas en Lugo, viinte et oyto dias de febreyro, era de mill et trezentos et oytaenta et çinquo anos.

Testemoyas que foron presentes: [don Diego] Fernandes, dayam; don Fernando de Deus, chantres; don Alvar Diaz, arçidiago de Neyra; don Areas Pellaez, arçidiago de Deçon; Fernado Affonso, coengo, et Iohan Fernandes, raçoeyro, et Iohan Fernandes et Roy Gonçalves, coegos de aniverssario, et Iohan de Lovea, clerigo, et Affonso Ramallo et Rodrigo Eanes de [...] ts., et outros.

Et eu Fernando Peres, notario sobredito, a esto presente foy et a rogo das partes sobreditas esta carta escripvy et puge y meu nome et meu signal en testemoyo de verdade.