GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Libro de Notas de Álvaro Afonso

232

maio, 6

Álvaro Ouxea, veciño de Ourense, afora a catro voces a Lopo Afonso e á súa muller Tereixa Lourenza, moradores en Pousada, a metade dun lugar, por cuarta de pan, viño branco e composta, 17 mrs. de dereitura a el e 16 aos seus sucesores, e 4 mrs. por loitosa. (fols. 75v-76)

Carta de Lopo Afonso, pagadas IIII brancas. Feita e dada.

Sabean quantos esta carta de aforamento viren como eu, Alvaro Ougea vesiño et morador enna çidade d’Ourense, dou et outorgo, aforo a vos, Lopo Afonso et a vosa moller Tereija Lourença que non he presente e a vos que sondes presente, moradores enna aldea de Pousada, freigesía de Ribella, et a quatro voses apus morte do pustromeiro de vos anbos, asy que vos en vosa vyda ou a tenpo de voso finamento nomeedes a primeira voz e a primeira nomee a segunda que sejan vosos fillos ou fillas de vos anbos a dous et non avendo y fillos ou fillas que seja voz aquel aquela que de dereito herdar os outros vosos beens do pustromeiro de vos anbos, conben a saber que vos aforo a miña ameatade do meu lugar do Paaço, que esta enna freigesía de San Gillaao de Ribella. Aforo vos o dito lugar con todas suas casas e viñas e herdades et arvores e soutos et cortiñas et pastos, a montes e a fontes e con todas suas entradas etç., por tal condiçon que labredes et paredes ben as herdades do dito lugar et reparedes as casas e o manteñades en ( fol. 75v)
boon revor en tal maneira como non desfalesca etç. et faredes foro de quarta vos e vosas voses a min e a miñas voses de todo o pan e viño que deus der ennas herdades do dito lugar e daredes o pan enna aayra, a conposta enna viña e o viño branco enno lagar, a qual novidade colleredes por ollo de meu mayordomo, ao qual proveeredes de comer e de beber cumunalmente en quanto collerdes a dita novidade et daredes mays por dereytura a min, o dito Alvaro Ougea, por todo tenpo de miña vida, dez e sete mrs. branca en tres dños. et despois de meu finamento que diedes a miñas voses des et seys mrs. de cada huun anno por día de San Martiño et daredes mays por loytosa quando falesçer a voz quatro mrs. da dita moeda et do al de disemo a deus livre et quite de todo outro trebuto etç. et se quiserdes vender, deytar etç. que primeiramente frontedes con el a min e a miñas voses vos e vosas voses para que o aja por lo justo preço etç. e obrigo todos meus beens etç. et eu o dito Lopo Afonso por min e por la dita miña moller que non he presente asy o outorgo etç. e obrigo todos meus beens etç. e de faser o dito foro de quarta etç. e pagar os ditos mrs. por dereytura etç. et daredes mays por os ditos quatro mrs. por dereytura etç. Penna quiñentos mrs. etç. Tests. que foron presentes Joan Fernandes de Pousada e Gomes Yanes clerigo reytor da igleia de San Gillaao de Ribella et Joan Çereyjo \e Joan Françes/ çapateiro et Fernando de Monterroso. Feita VI dias de mayo do dito anno. ( fol. 76)