GMH/ÍNDICE A-Z

9
1396, setembro, 27. Santiago

O despenseiro da catedral de Santiago Rui Gotérrez recibe do deán e cabido certas cantidades de diñeiro que as dignidades e persoas pagan ó cabido, e comprométese a ir mercar con este diñeiro panos para a igrexa, segundo mandado e carta do arcebispo, da cal se fai o traslado do seu teor.

Santiago, Arquivo da Catedral, Tombo H, folio 29r.

Editado por LÓPEZ FERREIRO, Antonio, Historia de la Santa..., tomo VI, p. 259-260.

Citado por GONZÁLEZ VÁZQUEZ, Marta, El arzobispo de Santiago..., p. 276.

Predito1. Sábean todos que eu Ruj Gotérrez, cóengo de Santiago despenseiro do cabídoo da dita igleja, confeso e outorgo que reçebí de uós dayán e cabídoo da dita igleja quatro mjll e quatroçentos moravedís que uos oje este día pagou Johán Migelles. Jtem reçebý máis mjll e seisçentos2 e oyto moravedís que vos pagou Gonçaluo Freire. Jtem máis dous mjll e quatroçentos moravedís que uos pagaron porlas dignidades do deádego e chantre e arcidiagos do Salnés e Cornado e da Reyna e do meestrescola e juízes de Vellestro e de Luou, que soman todos estes moravedís oyto mjll e quatroçentos e oyto moravedís, os quaes moravedís eu por noso mandado fisen troquar a ouro a XXXIIJ moravedís e medio o franquo, e a coroa a trijnta e sete moravedís, jtem as dobras castelãas a trijnta e oyto moravedís e medio, jtem doblas mouriscas a trijnta e sete moravedís e medio, jtem frolíjns d’Aragón vijnte e dous moravedís e medio, jtem ducates a trijnta e dous moravedís e medio. E os quaes oyto mjll e quatroçentos e oyto moravedís asý reçebo de uós ẽno dito ouro e leuo a Deus e vosa ventura para conprar panos de ouro e de seda para a dita igleja por mandado de noso señor o arçibispo e por súa carta que me el sobr’elo enviou, a qual logo vos mostro e presento da qual carta o thenor adeante se contén. Testemoias: Johán Fernandes, raçoeiro da3 dita igleja, Gonçalvo Dominges, porteiro do dito cabídoo, Sueyro Eanes, clérigo do coro, Áluaro Gil, canbeador, Ruj Goterres. Nós el arçebispo de Santiago, perpetuo administrador dela nuestra egllesia et obispado de Tuy, chançeler mayor de nuestro señor el Rey, vos enbiamos mucho saludar. Fasémosuos saber que nos dixieron que está huna nao a çerca de Fijnsterra que trage muchos panos de oro et de seda. Por que uos mandamos que vayades logo allá et leuedes tódolos dineros que tenedes de las capas, et conprade dellos los mejores paños que fallardes et poneldos todos em paño et sean dos mejores que fallardes et esto fazed luego. Fecho en la nuestra villa de Caldas de Reys, XXV días de stienbre. Archiepiscopus conpostelano. Riscada en cabídoo por mandado do dayán et cabídoo, IJ días d’outubro, ano XCºVIJº, por quanto os ditos dayán et cabídoo reçeberon os ditos diñeiros en ouro, segundo está por carta de pago que deron ao dito Roi Goterres este día. Johanis notarius [rúbrica].

1 Documento riscado
2 Riscado: moravedís
3 Riscado: Santiago.