GMH/ÍNDICE A-Z

351
1361, marzo, 27
venda

Frei Afonso de Monforte, gardián de San Francisco de Ourense, apoderado por testamento de Costanza Rodríguez, véndelle a Lopo Rodríguez de Sabadelle, irmán desta, unha herdade e árbores en Calvelle e o casal de Rioseco, por 500 mrs.

ACOu, Escrituras X, 29

(ed. BCMO 8 [1929], 435-437)

Sabeam quantos esta carta viren que eu frey Affonso de Monfforte de Lemos e guardiam que ora soon do moesteiro de Sam Françisco d’Ourense, pelo poder que me he dado enno testamento que fezo Costança Rodrigues moller que foy de Domingo Affonso, moradeira que foy en Ourense enna rua dos Çapateyros, por consintimento e outorgamento dos frayres do convento que ora som do dito moesteyro asy commo conpridor do dito testamento e pelo poder del, vendo para senpre e logo por esta presente carta entrego a vos Loppo Rodrigues de Sabadelle escudeiro yrmao e heree da dita Costança Rodrigues morador que sodes na freguisia de Sam Martiño de Sabadelle, a herdade que a dita Costança Rodrigues avya de pan con todas suas arvores, que iaz enna freguisia de Sam Miguell de Calvelle, que foy de seu padre e de sua madre que ella avya mandada ao moesteiro de Sam Pedro de Rocas, que me ella mandou que a vendese, et outrosy o cassar de Rioseco, et quanto outro por esta herdade e cassar outro por elles desse de conpra que eu que o venda a vos o dito Loppo Rodrigues seu yrmao et non a outro ninhuun se o vos quisessedes. Vendovos os sobre ditos herdamentos e arvores commo sobre dito he con todas suas entradas e seydas e con todos seus dereitos e perteenças por hu quer que elles e cada huun delles vaan, a montes e a fontes, asy que vos e toda vosaa voz façades delles e en elles e de cada huun delles toda vosa propia voontade asy commo de vossa coussa livre. Ca outorgo e conosco que reçebi de vos para os frayres do dito moesteiro para os elles mereçeren en missas, commo ella no seu testamento mandou, todo aquel preço que a min e a vos aprouvo, conven a saber quinentos mor. de diñeiros brancos desta moeda husavyl que ora corre de dez diñeiros cada mor. dos quaes me fezestes boa paga en diñeiros feytos e contados en miña presença, do notario e testemoyas adeante scritas, et a nosso jur e poder reçebudos, de que me outorgo por entrego e bem pagado en presença do notario e testemoyas adeante scritas. Et logo todo jur, señorio, posissom, propiedade, voz e auçon e dereito que eu en nome della, avya e de dereito poderia aver commo quer e en qual quer maneira ennos ditos herdamentos sobre ditos e arvores que vos vendo, todo o tiro e parto e removo e tollo e tiro e traspasso da dita Costança Rodrigues e de toda sua voz para senpre daqui endeante por esta presente carta et poñoo en vos e en toda vossa voz para senpre daqui endeante por esta presente carta. Et para vos e vosa voz seerdes anparados e deffessos para senpre a dereito con esto que vos vendo, obrigovos todos los beens que foron da dita Costança Rodrigues. Et poño en penna que quen quer da sua parte ou da estraya que vos contra esta venda veer que aia a ira de deus e a sua maldiçon et peyte a vos ou a vossa voz por penna o preço dobrado e aa voz del rey outro tanto, et a penna pagada ou non que esta carta e venda e coussas sobre ditas e cada huna dellas fiquen firmes e valam para senpre. Esto foy en Ourense dentro no cabidoo do dito moesteiro, viinte e sete dias do mes de março, era de mill ccc e noveenta e nove annos. Testemoyas que a esto presentes foron Domingo Affonso da rua dos Çapateyros e Roy Soutino moradores en Ourense e frey Ares e frey Pero de Vilaffranca de Valcarçere e frey Estevoon leutor e frey Beeyto e frey Nuno, frayres do dito moesteiro, e Pero Eanes azemelleiro de Estevon Anes d’Anbia.

Et eu Viçente Suarez notario poblico da çidade d’Ourense pola igleia desse lugar que a esto presente foy e o escrivy e meu sinal aqui fige que tal he.

(sinal)