GMH/ÍNDICE A-Z

233

maio, 6

Lopo Afonso, morador en San Xillao de Ribela, afora a perpetuidade a Gómez de Mira e á súa muller Inés Pérez, moradores en Santo Sebio, catro leiros de herdade e viña con árbores en San Miguel de Melias, por quinta de viño branco e composta, e 12 mrs. de dereitura. (fols. 76v-77)

Feita e dada. Carta de Gomes de Myra, pagadas IIII brancas.

Sabean quantos esta carta de aforamento viren como eu, Lopo Afonso, morador enna freigesía de San Gillaao de Ribella, dou et outorgo aforo a vos, Gomes de Mira que sondes presente et a vosa moller Eynes Peres que non he presente, moradores enna freigesía de Santo Seveo et a todas vosas voses para senpre, conben a saber que vos aforo quatro leyros derdade e viña e de viña con suas arvores que en elles estan e lles perteesçen de dereito et jasen enna dita freigesía de San Migeel de Mellees et hun delles jaz onde chaman os Marmoyraas et parte de huna ylarga con viña do cabiidoo et do outro cabo con outra leira que he de San Migeel de Mellees et outros dous leiros de viña jasen onde chaman a Lama Grande e parte con outras miñas de disemo a deus e con outras do cabido d’Ourense et ho outro leyro jasen en fondo enna Lama Grande et he de cortina e non he prantando de viña et parte de hunas partes con erdade que he miña de disemo a deus, et da outra parte con herdade de San Migeel de Mellees, segundo que os tragía a jur a maao Callamon et eu e meus yrmaaos os vençemos por sentença e os reçebemos en nos. Aforo vos os ditos quatro leiros derdade \e viña/ con todas suas entradas etç. por tal condiçon que os labredes et paredes e ontrechantedes e chantedes de viña os ditos quatro leiros por onde lles faser mester e for neçesario et façades delles foro de quinta vos e vosas voses a min et a meus yrmaaos de todo o viño e conposta que deus en elles der et daredes a conposta enna ( fol. 76v)
viña e o viño branco enno lagar, a qual novidade colleredes por olo de meu mayordomo \e de meus yrmaaos ou de cada hun de nos/ ao qual proveeredes de comer e de beber etç. et daredes mays por dereytura de cada hun anno vos e vosas voses a min e a miñas voses dose mrs. de dños. brancos de dez dños. o moravedi ou a estimaçon delles etç. por día de natal etç. e do al que ajades os ditos quatro leiros de viña e herdade de disemo a deus etç. et se quiserdes vender \que frontedes a min e a miñas voses/ etç. et obrigo todos meus beens etç. et eu, o dito Gomes de Mira, obrigo meus beens de faser o dito foro de quinta etç. et de pagar os ditos dose mrs. de dereytura. Tests. Penna quiñentos mrs. etç. Tests. que foron presentes Gomes Yanes clerigo reytor da igleia de San Gillaao de Ribella, Joan Fernandes morador en Ribella, Rodrigo Gago e Alvaro do Eyroo morador en Puga. Feita VI dias de maio do dito anno.