GMH/ÍNDICE A-Z

1150
1462, novembro, 23 martes. Lugo

O Cabido de Lugo afóralles a Roi de Páramo e a dúas voces os casais de Veiga na freguesía de San Pedro de Cerceda, por renda anual de oitenta marabedís.

MADRID, AHN, Cód. 419 B, f. 24 r.; Libros, lib. 6289 con referencia ó Lib. E f. 24.
   

Sabean quantos esta carta de foro viren como nos o cabidoo da iglesia de Lugo seendo juntados en noso cabidoo per son de campaa tangida, segundo avemos de uso et de costume en a dita iglesia en a Capela de San Vertolameu, avido primeyramente noso acordo et madura deliberaçon, entendendo que fazemos noso proveyto et de nosos suçesores aforamos et damos aforo a vos Roy de Paramo, filo de Pedro Ferrnandes de Paramo, cuia alma Deus aia, et de outras duas personas despoys de vos, huna qual vos nomeardes en vosa vida ou a tempo de voso finamento et outra qual nomear aquella persona que por vos for nomeada, et se non for nomeada que seia persona do dito foro aquella persona que erdar vosos bees ou a mayor parte delles, et asi da outra persona que despoys de vos suçeder en o dito foro, os casares de Veiga, que perteesçen a a nosa administraçon de Farnadeyros, con seus moynos et pesqueyras et caneyros segundo os tebo en foro o dito Pedro Ferrnandes, voso padre, et segundo perteesçen a a dita nosa administraçon de Farnadeyros en a fiigresia et sub o signo de San Pedro de Çeuçeda, con todas suas casas et casares et arbores et formaes, prados et pastos et jures et pertenenças a elles perteesçentes et perteesçer deventes en qualquer rason, a tal pleyto et condiçon que vos et as ditas personas despoys de vos tenades as casas dos ditos casares levantadas, cubertas et reparadas en tal maneyra que se non pergan nen vena a terra por mingoa de reparo, et as erdades labradas et reparadas en tal maneyra que se non vaan a monte por mingoa de laborio, et asi as leixedes a nos, o dito cabidoo, et a nosos suçesores; et dedes de foro, en cada un ano, vos et as ditas personas despois de vos por los ditos casares et beens oyteenta maravedis de moeda vella por dia de San Martino de novembre a nos, ou a noso administrador da nosa administraçon de Farnadeyros, ou a aquel que os por nos ouber de aver et recabdar, postos en pas et en salvo en esta çiudade de Lugo; et con condiçon que cada huna das ditas personas, que despoys de vos suçeder en o dito foro, que do dia que en el suçeder por foreyra fasta trinta dias primeyros segentes se vena mostrar ante nos en como he foreyra do dito foro, sub pena que se o asi non feser que por ese meesmo feyto perga o dito foro; et a finamento da postremeyra persona, que suçeder en o dito foro que os ditos casares et casas et erdades et arbores et formaes et moynos et pesqueyras et caneyros fiquen libres et quitos et desenbargados et ben reparados a nos, o dito cabidoo, et a nosos suçesores con todos los boos paramentos que en elles foren feytos.

Et eu, o dito Roy de Paramo, que presente soo asi reçebo o dito foro de vos, o dito cabidoo, por las maneyras modos et condiçoes sobreditas, et obligo a min et a meus beens presentes et futuros et das ditas personas de teer, complir et pagar todo o sobredito, segundo et en a maneyra que en esta carta de foro se conten.

Et nos, o dito cabidoo, asi vos lo outorgamos, et porque seia çerto outorgamos et mandamos dello faser duas cartas de foro por lo notario juso escripto, anbas en un tenor, huna para vos, o dito Roi de Paramo, et vosas personas et outra para nos, o dito cabidoo, et nosos suçesores, et por mayor firmeza mandamos seellar con noso sello pendente a carta de vos, o dito Roi de Paramo.

Que foy feyta et outorgada en a çiudade de Lugo en a dita iglesia et lugar, dia martes, viinte et tres dias do mes de novembre, ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et sesenta et dous anos.

Testemoyas que foron presentes: Afonso Martines de Galdo, chantre; Gonçalvo Peres de Carvallido de Sarrea, Gomes Garçia de Goyoso de Deçon, arçedianos; Gonçalvo Rodrigues de Parrega, tesoreyro; Rodrigo Afonso, Gomes Vaasques, Juan Vidal, Diego Fernandes, Diego Vasques, Lopo Garçia, Juan Ares, Rodrigo Afonso das Camoyras, Pedro Martines, et Pedro Fernandes de Mera, coengos da dita iglesia de Lugo.

Et eu Pedro Afonso, canonigo et notario publico da dita ciudade et obispado de Lugo, a todo o suso contiudo con as ditas testemoyas presente foy, et esta carta de foro per outro fige escrivir seendo eu ocupado de outros negoçios, et aqui puge meu nome et signal acostumado en testemoyo de verdade que he tal rogado et requerido.