GMH/ÍNDICE A-Z

1219
1472, xuño, 26. Lugo
O Cabido de Lugo afóralles a Tereixa Fernández, á súa filla e a dúas voces unha casa na rúa da Porta Miñá, freguesía de San Pedro, por renda anual de doce marabedís.

MADRID, AHN, Cód. 419 B, f. 47 v.

Sepam quantos esta carta de foro viren como nos o cabildo da iglesia de Lugo seendo juntados en noso cabildo por son de canpa tangida, segundo avemos de uso et de costume, dentro en a dita iglesia açerca da porta por donde soben a os orgoos da dita iglesia, entedendendo (sic) que fasemos noso proveyto et de nosos suçesores, aforamos et damos aforo a vos Tereyia Ferrnandes, muller que fostes de Pedro de Saa, vesino desta çiudade de Lugo, et a vosa filla, Eynes Ferrnandes, que presentes estades, por vosa vida de anbas et de outras duas personas despoys de vos, huna qual nomear a postremeyra de vos en sua vida ou a o tempo de seu finamento, et a outra qual nomear aquela persona que por la postremeyra de vos for nomeada, et non seendo nomeada persona que seia persona deste foro quen herdar os beens da postremeyra de vos de dereyto, et asy da outra persona. Conben a saber que vos aforamos huna nosa casa, que he dos aniversarios da dita iglesia, et he sita et locada en esta en esta (sic) çiudade de Lugo en a rua da Porta Minaa sub o signo da Capela de San Pedro da dita çiudade, et esta en braço da parte de arriba con outra casa que foy de Roy Marino et agora dos seus fillos, et da parte de vayxo topa en o carril et camino publico que vay da Porta Minaa para a Porta Noba et para o muro, et con a dita casa vos aforamos mays duas arcas grandes que son da dita casa et nosas por rason dela, et huuns armarios que se feseron por benfeytoria en a dita casa; a qual casa con as cousas sobreditas vos aforamos et damos aforo, segundo dito he, a tal pleyto et condiçon que vos et as ditas personas ha tenades levantada de sobrados segundo ela estaba, et cuberta et reparada das cousas que lle feser menester; et dedes dela en foro, de cada un ano, vos et as ditas personas despoys de vos dose maravedis de moeda vella de longos a o rendeyro et colledor dos ditos aniversarios, ou a quen noso poder ouber para elo, por dia de San Martino de nobenbro de cada ano, postos en pas et en salvo en esta çiudade de Lugo; con condiçon que cada huna das ditas personas, que suçederen en o dito foro despoys de vos, que do dia que en el suçeder por foreyra fasta treynta dias logo seguentes nos bena logo mostrar como he foreyra do dito foro su pena que se o asy non feser que por ese mesmo feyto perga o dito foro. Et a finamento da postremeyra persona que a dita casa fique feyta et cuberta et ben reparada con as ditas arcas et almarios a nos, o dito cabildo, et a nosos suçesores con todos los outros boos paramentos que en ela foren feytos.

Et nos, as ditas Tereyia Ferrnandes et Eynes Afonso, que presentes estamos, asi resçebemos o dito foro de vos, o dito cabildo, segundo et en a maneyra que vos nos lo dades et outorgades para nos et para as ditas personas, et obligamos a nos et a nosos beens et das ditas personas de o ter et conplir et gardar et pagar todo o suso contiudo, segundo et en a maneyra que en esta carta de foro se conten.

Et nos, o dito cabildo, asi vos lo outorgamos, et porque seia çerto outorgamos et mandamos delo faser duas cartas de foro por lo notario a juso escripto, anbas en un thenor, huna para vos, a dita Tereyia Ferrnandes, et vosa filla et personas, et outra para nos, o dito cabildo, et nosos suçesores, et por mayor firmesa mandamos seelar a carta de vos, a dita Tereyia Ferrnandes, con noso seelo pendente.

Que foy feyta et outorgada en a dita çiudade de Lugo, dia esta feyra, veynte et seys dias do mes de junyo, ano do nasçemiento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et seteenta et dous anos.

Testigos que foron presentes: Johan Afonso, chantre; et Gomes Garçia de Goyoso, arçediano de Deçon; et Diego Ferrnandes de Luases, mestrescola; et Diego Vasques, Pedro Martines, Pedro de Mera, Roy Dias, Afonso Martines, Gomes Ferrnandes, Diego de Fonteyta, canonigos et capitulantes; et Fernando Peres, et Pedro Ferrnandes, et Roy Peres, et Fernan Yanes, raçoeyros; et Alvaro Ferrnandes, et Roy Lopes de Teyxeyro, rendeyro dos ditos aniversarios.

Et eu Gomes Garçia de Goyoso, clerigo da çiudade de Lugo, notario publico por las abtoridades apostolica et ordinaria, a todo o que sobredito he en un con os ditos testigos et capitulantes presente foy et este sobredito contrauto de foro, segundo ante min pasou et por las ditas partes foy outorgado, seendo ocupado de outros negoçios por outro en mina presençia fise escripvir, et por ende fise aqui este meu signo et nome acustumados en testemoyo de verdade. Rogado et requerido. Non enpeesca en esta subscripçion donde bay remadado que deçia çenso et penson que foy error et non biçio et non ha de yr aly nen valer.