GMH/ÍNDICE A-Z

398

setembro, 7

Vasco Rodríguez de Espiño, escudeiro, traspasa a Álvaro de Aguiar, cóengo, unha casa con sobrados, torre, soto e cabalerizas sita na Rúa da Pixotaría, que el ten aforada do cóengo Martín González, coa condición de pagar o foro. (fol. 119)

Feita e dada.

Sabean quantos esta carta de traspasaçon viren como eu Vaasco Rodrigues d’Espino, escudeiro vasalo de noso señor el rey por rason que vos Alvaro d’Agyar, coengo enna igleia d’Ourense, sondes omen que me avedes feyto moytas boas obras e graças et ajudas et por lo carrego que de vos teño, por ende eu de consentimento de Pero Vaasques da Rua dos Çapateiros que esta presente et consente enna dita traspasaçon, dou et traspaso en vos o dito Alvaro d’Agyar, coengo enna dita igleia d’Ourense, as miñas casas con seus sobrados e torre et sotoon e con suas cabaliças en fondo et en çima \que estan enna çidade d’Ourense enna Rua da Pixutaría/ e con todas suas entradas e seydas et dereitos e jures e perteesças do çeo a terra, segundo et enna maneira que as eu teño aforadas et de me perteesçen de d Martin Gonçalves coengo que foy enna dita igleia e as agora tiña de Pero Vasques, por tal condiçon que façades porlas ditas ( fol. 118v)
casas o foro que eu deva de faser por elas ao dito Pero Vasques et do al traspasoas en vos segundo e enna maneira que as eu teño et logo todo jur, dereito as quaes casas demarqan con outras casas e adega de min o dito Vasco Rodrigues et da outra parte con casas que foron de Joan Seixino et fere a torre a parede da torre enna Rua Escura et teen as portas enna rua publica da Pixutaría, et logo todo jur, dereito, senorio, posison, propiadade, voz e auçon que eu ajo et teño miñas voses ennas ditas casas, todo o tiro et parto de min e de miñas voses et as poño et dou et traspaso en vos o dito Alvaro d’Agyar et en vosas voses por lo tenpo e voses que as eu teño et por esta presente carta vos poño enna posison delas et et obrigo os beens que a min son obrigados de voslas faser saas et de paz \ et mays obrigo todos meus beens et as quinse notas que eu ey por las casas onde morava Gomes Mosqueiro, que estan enna dita rua, para vos faser saao e de paz o dito aforamento/ et quero et renunçio que nonca desto diga o contrario por min nen por outro en juiso nen fora del e a todaslas leys e dereitos etç. et qual quer da miña parte como da estrana que vos contra esta carta et traspasaçon for ou pasar que vos peyte de penna çen frolliins douro et a dita penna pagada ou non esta carta e as cousas en ela contiundas fiquen firmes e vallan para senpre et eu o dito Alvaro d’Agyar asy me obrigou de pagar o dito foro que as ditas casas an ao dito Pero Vasques. Et o dito Pero Vasques que soon presente asy consente enna dita traspasaçon que vos o dito Vasco Rodrigues fasedes enno dito Alvaro d’Agyar coengo et reçebo por foreiro das ditas casas segundo que as vos o dito Vasco Rodrigues tinades. Tests. que foron presentes Joan Peres de Rio Seco et Alvaro de Gordon et Nuno Yanes dErminde criados do dito Joan Peres. Feita martes sete dias de setenbro do dito anno. ( fol. 119)