GMH/ÍNDICE A-Z

121

1419, xuño, 16.
O mesmo Afonso da Cana declara ter recibido 350 maravedís do seu salario e vestiario dos anos pasados ata finais do mes de xuño.

Des e seis dias do mes de juyo. Sabean quantos esta carta viren como eu Affonso da Caña, servente do conçello da çidade de Santiago, outorgo e coñosco que reçeby de vos Garçia Rodriges e Juan Dominges de Lynares, procuradores do conçello da dita çidade, tresentos e çinquoenta maravedis de moeda vella, contando branqua en tress dineiros, os quaes me eran devydos de meu selario e vistuario de todos os annos pasados ata en fin deste mes de juyo que anda da feyta desta carta por conta çerta //
(Fol. 59 vº)
feyta entre min e vos por Gomes Rodriges, bachiller en Decretos e Martin Galos, jurados da dita çidade e dos quaes tresentos e çinquo maravedis da dita moeda me outorgo por entrego e ben pago e renunçio a toda eixençon que non diga ende o contrario e a a ley do aver non dado e pagado e contado, visto nen reçebido en presença do notario e testemoyas e aa ley de erro e enganno e que se fez a confesson so asperança de paga e a todas las outras leys et eixenços e dereito que en contrario desto que dito he poderia diser e alegar que o non diga nen alegue e posto que o queira diser ou alegar que non seja sobre elo reçebido nen oydo nen outro por min en juiso nen fora del et dou por quite e livre ao dito conçello e a vos os ditos procuradores en nome del de todo o que me era devydo do dito selario e vestuario ata en fin deste dito mes segundo dito he. E nos os ditos Garçia Rodriges e Johan Dominges, procuradores sobreditos en nome do dito conçello asy o reçebemos. Testemoyas que a esto foron presentes, o dito Gomes Rodriges, bachiller e Johan Fernandes da Caña e Vaasquo Fernandes de Piloño e Fernan Pasete e Johan Rodriges d’Abilles, criado de Johan Sanches de Noya, moradores enna dita çidade.
D’aqui adeante por lo notario.