GMH/ÍNDICE A-Z

D22
1459, marzo, 4
Mestre Afonso, arrendador das alcabalas de Cudeiro e Canedo, traspásalles a cuarta e a terceira parte respectivamente a Álvaro López de Cudeiro e a Diego Fernández. (fol. 7)

Mestre Afonso e Alvaro Lopes de Codeiro et Diego Fernandes.

A quatro dias de março, en Ourense, mestre Afonso arrendador das alcavalas de Codeiro e Canedo deste anno de que a ten arrendada por quinse mill mrs. con seus dereytos, deu et traspasou hun quarto da dita renta en Alvaro Lopes de Codeiro et outro terço en Diego Fernandes vesiño d’Ourense, et que page cada hun quarta parte dos ditos dos ditos quinse mill mrs. con seus dereitos a recadador de noso señor el rey aos terços do anno sopenna do dobro, et elles asyn reçeberon en sy et (...)se de pagar cada hun a quarta parte dos ditos (...) aos ditos terços et sopena do dobro (...)aron sy e seus beens cada hun (...) Gomes de Mugares, Diego (...) d’Alvan. (fol. 7)