GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Libro de Notas de Álvaro Afonso

268

s/d

García Díaz de Cadórniga e a súa muller dona Beatriz arrendan durante un ano por cincuenta fanegas de centeo a Lopo de Deza os votos que teñen no Chao de Castela, Ribeiro de Avia e Bolo de Sende. (fol. 87)

Feita e dada a Men Rodrigues, Garçia Dias e Lopo de Deça.

En este día Garçia Dias de Cadorniga e sua moller dona Byatris arrendaron a Lopo de Deça todoslos bodos que lles perteesçian por parte da igleia d’Ourense \de Santiago/ a Lop enno chaao de Castella e do Ribeiro d’Avea e do Bolo de Sende, segundo que os tevo arrendados os annos pasados, os quaes bodos lle arrendaron deste San Joan primeiro que ven ata hun anno primeiro sigente e mays en quanto for suas vontades, os quaes lle arredaron por çinqoeenta fanegas de çenteo medidas por medida dereyta da praça d’Ourense et as quaes lles o dito Lopo de Deça ha de dar por día de San Martiño enno couto de Paderne et do al que colla e aja todoslos bodos para sy et obrigaron seus beens de llos faser saao et de paz et o dito Lopo de Deça obrigouse de les dar o dito pan ao dito as ditas çinqoeenta fanegas de pan ao dito termino et mandou a Garçia Fique que llas dese ao dito termino etç. Penna quiñentos mrs. etç. Tests. Joan Pardin e Vasco Rap Rapela e Alvaro criado do dito Garçia Dias.