GMH/ÍNDICE A-Z

1041
1434, abril, 28. Lugo

Cláusulas testamentarias de Gonzalo Méndez e a súa muller, María Afonso, polas que lle mandan á igrexa de Lugo determinadas cantidades de marabedís para aniversarios.

MADRID, AHN, Cód. 419 B, f. 1 r., traslado polo notario Rui Fernández: 1442-XI-29, Lugo.
   

Este he o traslado de hunas clausulas dos testamentos de Gonçalvo Meendes, mercador, çiudadao et regedor que foy do Conçello da çiudade de Lugo, et de Maria Afonso, sua muller, que foron, et os quaes testamentos foron feytos et pasaron por min, o notario iuso scripto, et por quanto foy feyto primeyramento ho testamento da dita Maria Afonso huna clausula en el contiuda et outras seguentes começa a primeyra et outras fineçen asi: «Item mando que as personas et benefiçiados da dita iglesia de Lugo que me digan cada ano para senpre jamays hun aniversario por la mina alma en tal dia como me sepultaren, et que lles den por el cada ano des et seys maravedis de moneda vella, et que os aian por esta mina casa do Canpo de Lugo en que eu ora moro. Item mando que o ano que labraren en a iglesia de Santa Maria de Lugo que aquel ano que den tres maravedis para a obra da dita iglesia de Lugo por la mina cortina da Estantigua para senpre jamays. Item mando que den et paguen para senpre jamays a os capellans sen raçon da dita iglesia de Lugo quatro maravedis cada ano por la mina casa do Canpo en que ora mora Afonso Peres, meu criado, que esta sobre las casas das proçisoes de lunes. Item mando por la mina cortina de Guimareu fazer os matiis de Santo Andre cada ano et mando que den por estes matiis doze maravedis para uno segundo he custume.
Que foy feyto et outorgado en a çiudade de Lugo, viinte et oyto dias do mes de abri, ano do nasçemento de noso salvador Jhesu Christo de mill et quatroçentos et triinta et quatro anos.

Testemoyas que foron presentes chamados et rogados o dito Gonçalvo Meendes et Ares Peres, notarios de Lugo; et Afonso Peres de Benade, et Ruy Garçia, alfayate, et Pero Sanyon, et Afonso [...], et Fernan Branco, et Juan Branco, carniçeyros, visinos de Lugo; et Lopo de Vandelo, et outros».

Este he o traslado de outras clausulas do testamento do dito Gonçalvo Meendes, mercador, que pasou por min notario, et a primeyra clausula comença et[...]: Item mando que os clerigos da dita iglesia de Lugo que digan para senpre jamays en a dita iglesia hun aniversario que mandou fazer Juan Dias, coengo, [...] cuio conplidor et herdeyro eu fiquey, et que lles den cada ano por el triinta maravedis de moneda vella por las minas casas da Crus. Item mando a obra da iglesia de Santa Maria de Lugo cada ano que en ela labraren tres maravedis por la mina cortina da Estantigua quanto tever novidade, por min et por la alma de mina muller, Maria Afonso, segundo ela mandou en seu testamento outros tres maravedis. Item mando que quenquer que herdar a mina cortina do Gymareu que seia tiudo de fazer diser por ela, cada ano que ela tever novidade, tres misas a r[...] da Santa Treydade en o altar de Santo Andre para senpre. Item mando a os capelanes sen rason da iglesia de Lugo quatro maravedis de moneda vella cada ano para senpre por la mina casa do Canpo en que ora mora Afonso Peres, meu criado. Item mando que todos aqueles que herdaren meus beens, fillos et netos et deçendentes, que seian tiudos de faser diser para senpre os matiis de Santo Andre, segundo que eu et Maria Afonso, mina muller, os fezemos dizer ata aqui.
Que foy feyto et outorgado en a çiudade de Lugo en as casas do dito Gonçalvo Meendes, quatro dias do mes de julio, ano do nasçemento de noso salvador Jhesu Christo de mill et quatroçentos et triinta et çinquo anos.

Testemoyas que foron presentes: o dito Nuno Gonçalves, abade; et Afonso Peres de Benade, et Gonçalvo Meendes, fillo de Diego Meendes, et Pero de Castroverde, et Roy Garçia, alfayate, et Garçia de Castro de Rey, et Fernan Dourado, coytaleyro, moradores en Lugo, et outros.                           

Este he o traslado das sobreditas clausulas dos ditos testamentos dos ditos Gonçalvo Meendes et Maria Afonso que pasaron por min, notario iuso scripto, et iasian scriptas en hun meu libro de registro, et as quaes vi et lii, ben et fielmente aqui as fis trasladar de vervo a vervo a pedimento de Afonso Ares, coengo, procurador do cabidoo da dita iglesia de Lugo, que diso que lle conprian para garda de seu dereyto et do dito cabidoo. Et outrossi por abtoridade et decreto que para elo deu et enterposo don Ares Afonso, bacheller en decretos, arçediano de Triacastela en a dita iglesia de Lugo, et vigario general en o spiritual et temporal en a iglesia et obispado de Lugo por lo muy reverndo in Christo padre et senor don Garçia de Vaamonde por la graçia de Deus, Obispo de Lugo, oydor da abdiençia de noso senor el Rey et de seu Consello, o qual dito arçidiano et vigario veu o dito libro de registro et examinou estas sobreditas clausulas que non eran rasas, nen chançeladas, nen supeytosas, et deu et enterposo sua abtoridade et decreto a o traslado ou traslados que eu notario delas sacase dos ditos originales et registros, et mandou que valuesen et fezesen fe en iuyso et fora del [...]es ditos testamentos et originales en juysio et fora del.

Feytos et sacados foron estos ditos traslados das ditas clausulas dos ditos testamentos en a dita çiudade de Lugo, viinte et nove dias do mes de nobembre, ano do nasçemento de noso salvador Jhesu Christo de mill et quatroçentos et quareenta et dous anos.

Testemoyas que foron presentes et viron os ditos registros dos ditos testamentos et dar et entrepoer a dita abtoridade a o dito arçediano et vigario: Juan Afonso de Galdo, arçidiano de Sarrea; Juan Osorio, arçidiano de Deçon; et Lopo Dias, mestrescola; et Pedro Afonso, et Alvaro Afonso, et Juan Martines, et Pedro Ferrnandes de Çela, coengos en a dita iglesia; et Mestre Johan, porteyro; et Diego Peres, mestre de gramatica, et outros.

Et eu Ruy Fernandes de Maçoe, notario publico da dita çiudade de Lugo por lo senor Obispo desse lugar, a todo esto que sobredito he con as ditas testemoyas foy presente et por mandado do dito senor arçediano et vigario que deu a dita autoridade et aqui firmou de seu nome estas clausulas aqui por outro fis scripvir [...] dito pedimento en este tonbo, et aqui puge meu nome et signal en testemoyo de verdade.

Ruy Fernandes, notario.

Materias

arquivo; abade; altar; aniversario; arcediago; audiencia; bacharel; bispo; cabido; capelán; carniceiro; casas; catedral; censo; cláusula; cóengo; coiteleiro; concello; consello real; construción; cortiña; crego; criado; cumpridor; dereito; distribución; doazón; escola; esposa; esposo; fábrica; familia; festa; fillo; fundación; gramática; herdanza; horas; marabedí; matíns; mercador; mesa capitular; mestrescola; misa; mosteiro; muller; notario; oidor; pai; porteiro; procesión; procurador; provisor; rexedor; rexistro; testamento; vigairo; xastre; xulgado diocesano; traslado

Persoas

Afonso Ares, cóengo de Lugo; Afonso Pérez de Benade; Afonso Pérez, criado; Álvaro Afonso, cóengo de Lugo; Ares Afonso da Pulleira, arcediago de Triacastela e provisor de Lugo; Ares Pérez, notario; Diego Méndez; Diego Pérez, mestre de gramática; Fernando Branco, carniceiro; Fernando Dourado, coiteleiro; García de Baamonde, bispo de Lugo; García de Castro de Rei; Gonzalo Méndez; Gonzalo Méndez, mercador e rexedor de Lugo; Lopo Díaz de Freixo, mestrescola de Lugo; María Afonso; Mestre Xoán, porteiro do cabido de Lugo; Nuno González, abade; Pedro Afonso, cóengo de Lugo; Pedro Fernández de Cela, cóengo de Lugo; Pedro Sanión; Roi García, xastre; Xoán Afonso de Galdo, arcediago de Sarria; Xoán Branco, carniceiro; Xoán Díaz, cóengo de Lugo; Xoán Martínez, cóengo de Lugo; Xoán Martínez, cóengo de Lugo; Xoán Osorio, arcediago de Dozón; Roi Fernández, notario

Outros

Lugo, bispado; Lugo, cabido; Lugo, diocese; Lugo, concello

Lugares

Baamonde; Bandelo; Benade; Castro de Rei; Castroverde; Çella; Dozón; Estantigoa; Galdo, Santa María; Guimareu; Mazoi; Sarria; Triacastela