GMH/ÍNDICE A-Z

E1-33
1437, xaneiro, 19
Avinza co veciño García Fernández de Cobreiros, con exención tributaria a cambio de pagar 60 mrs. este primeiro ano e 30 mrs. en diante. (fols. 25v-26)

Aviinça de Garçia Fernandes de Cobreiros.

Anno domini Mº CCCC XXXVII, a XIX dias do mes de janeiro, en Ourense enna orta de Garçia Dias d’Espinosa, presentes ende Rodrigo Afonso, Alvaro Afonso da Fonteyna juises da dita çibdade et Garçia Dias d’Espinosa, Loys Gonçalves, Goterre Afonso, Estevo Fernandes, Gomes de Chantada rejedores, Meen Suares procurador jeeral do dito conçello. Outrosy estando ende presente Garçia Fernandes de Cobreiros vesiño da dita çibdade, logo os ditos juises et rejedores e procurador feseron aviinça ao dito Garçia Fernandes por todo tenpo de sua vyda con estas condiçoens: que por este anno que page de aviinça ao dito conçello seseenta mrs. branca en tres dños. et que os page enna rua onde mora para ajuda dos mrs. que agora estan repartidos et derramados enna dita rua, et pasado este dito anno que page de cada anno por todo tenpo de sua vida triinta mrs. branca en tres dños. et que os page quando ouver alguuns mrs. derramados e deytados enna dita çibdade, que os page para ajuda da rua onde morar e non avendo mrs. nehuuns derramados enna dita çibdade que os page para os mesteres do dito conçello de cada anno por día de San Martiño, ao procurador da dita çidade et do al que seja franco e quite e isento de todos outros quaes quer peytos e pedidos e moedas e tallas conçelais que se deytaren et derramaren enna dita çidade et gose de todoslos privilegos e franquesas e liverdades e uso e costumes que an et gosan os vesiños da dita çidade. Para o qual o dito Garçia Fernandes se obrigou (s)* por sy e por seus (fol. 25v)
beens de pagar a dita aviinça, por este anno os ditos LX.- e por los outros de cada anno XXX.- Et os ditos juises et rejedores asy se obrigaron etç. Tests. mestre Fernando, Afonso Anriques, Lopo de Canposo.