GMH/ÍNDICE A-Z

118

a
febreiro, 25

Martín Sánchez, abade da Trindade, ordena por sentencia a Gonzalo Míguez e a Fernando González, arrendadores das alcabalas do couto de San Cibrao, que acudan con Estevo Pérez, xuíz desa aldea, a confiscar bens de Afonso do Eiro polo que debe da fieldade das alcabalas do pasado ano. (fol. 37-37v)

Gonçalvo Migees.

En este día enna igleia de San Martiño, Martin Sanches, abade da igleia da Triindade, mandou e deu por sentença a Gonçalvo Migees que presente estava e a Fernando Gonçalves seu vesiño, arrendadores das alcavalas do couto de San Çibraao, que fosen con o juis da aldea de San Çibraao, que era estevo peres, e que reçebesen os beens de Afonso do Eiroo por los mrs. que a el devya o dito Afonso do Eiroo et por los mrs. que devya da fieldade das alcavalas do dito couto de San Çibraao do anno pasado de XXXIII annos ao dito Gonçalvo Migees e Fernando Gonçalves e que os ( fol. 37)
reçebesen por los ditos mrs. que lles eran devidos etç. Tests. que foron presentes Garçia Dias de Cadorniga et Afonso Anriques et Joan Peres de Rio Seco.