GMH/ÍNDICE A-Z

182
1329, setembro, 1
foro

O cabido afóralles a dúas voces a Xoán Macía, notario do castelo, e á súa muller, Mariña Pérez, unha chousa na Burga, na que deberá edificar unha casa, por 21 libras.

ACOu, Escrituras XVII, 10

Sabeam quantos esta carta virem que nos Vaasco Perez deam d’Ourense e ho cabidoo desse lugar, damos a foro a vos Johan Maçia notario do castello et a vossa moller Mariña Perez et a duas vozes depois da morte de vos anbos, quaes vos nomeardes e se non foren nomeadas que seian vozes os que herdaren vossos beens e estas vozes que seian huna pus outra, huna chousa que nos o dito cabidoo avemos aa Burgaa en Ourense, a qual de nos tevo arrendada Marcos morador em esse lugar e sa moller Moor Martines, a qual chousa da huna parte está entre a rua publica que vay para o baño et da outra o yxido das casas que tem o arçidiago meestre Johan e o yxido das casas que tem o arçidiago dom Pero Paez, e en fondo parte pela chousa do bispo e em çima entesta enno yxido das casas que vos o dito Johan Maçia e vossa moller e Afonso Gonçalves alfagime de nos teendes aforadas e a chousa d’Aldonça Afonso. Damosvos a foro a dita chousa con entradas e seidas e con todos seus dereitos et perteenças, assy que vos e as ditas vozes a aiades e pessuyades eno dito tenpo, e a lavredes et paredes ben en maneira que non desfalesca por mingoa de lavor e de boon paramento. Et que façades huna casa a par das nossas casas que y estan na testeira da dita chousa e pousedes con o lavor dela ennas paredes das ditas nossas casas, e que vos e as ditas vossas vozes que dedes de foro cada anno pola dita chousa e casa viinte e huna libras da moeda branca del rey dom Fernando, a meatade dellas por Sam Johan Bautista e a outra meatade por Santa Maria dagosto. Et se vos ou cada huna das ditas vossas vozes no dito tenpo quiserdes vender ou deitar ou enpenorar a dita chousa e casa ou parte delo que o vendades ou deitedes ou enpeñoredes ante ao dito cabidoo ca a outre polo justo preço et se o el assy non quiser reçeber enton o vendede ou deitade ou enpeñorade a atal ome que seia semellavil de vos e que cunpla e pague o dito foro cada anno en paz e en salvo ao dito cabidoo commo dito he. Et aa morte de vos e das ditas vozes que a dita chousa e casa fiquen ao dito cabidoo livres e quites e desenbargadas, o novo da chousa alçado. Et eu o dito Johan Maçia por min e pola dita mia moller e polas ditas vozes, para lavrar e |e| pagar o dito foro cada anno commo dito he e agoardar as condiçoens desta carta et cada huna delas obligo todos nossos beens gaanados e por gaañar. Et nos o dito deam e cabidoo obligamos os nossos beens para vos anparar e defender no dito tenpo a dereito con a dita chousa e casa. Et desto as ditas partes pediron a min chançeler senllas cartas partidas por .a.b.c. Feyta a carta em Ourense o primeiro dia de setenbro, era de mill e trezentos e seseenta e sete annos. Testimunyas que a esto presentes foron Gonçalvo Rella moordomo do dito cabidoo, Gonçalvo Perez e Fernando Fernandez notarios d’Ourense, Pero Esteveez clerigo do coro.

Et eu Affonso Viviaez coengo d’Ourense e chançeler dessa cidade que a estas cousas presente foy e en miña presença as fige escrivir e este meu sinal y puge en testemunyo de verdade.

(sinal)

[reverso] Litera capituli.