GMH/ÍNDICE A-Z

179

1460, xaneiro, 3. Vilamaior-Mondoñedo.
O procurador do Cabido manifestoulle a este que tiña novas de que Xoán de Madrid, cóengo, pretendía o préstamo de Loiba. Unha vez que se lle mostrou o documento de unión do devandito préstamo á Mesa Capitular, desistiu do seu intento confesando non ter dereito ningún sobre o mesmo.
A, papel, prego de, con signo notarial, de 295 x 213 mm. Letra cortesá.

Anno do nasçemento do noso Sennor Jesucristo de mill et quatroçentos et sesenta annos tres dias / do mes de janeyro dentro da iglesia cathedral de Vylamayor entre o coro et ho altar a sayda / da misa mayor en presença de min notario et testigos de juso escriptos estando y presentes / la mayor parte dos benefiçiados da dita iglesia a sayda do responso que han acostumado de diser / enno dito lugar Gonçaluo Peres de Labrada canonigo da dita iglesia et procurador do dean et / cabildo et Johan de Madrid canonigo eso mesmo dada dita iglesia et logo o dito Gonçaluo Peres / en presença dos ditos benefiçiados et commo procurador do dito dean et cabildo diso ao dito / Johan de Madrid que o sennor don Afonso Segura obispo que fora da dita iglesia por vertud de vn / poder a el dado por lo moy santo Padre de boa memoria Nicolao quinto anexara a mesa / capitular da dita iglesia çertos benefiçios in perpetuum segund que constaua por aquella anexaçion / que ali mostraua ao dito Johan de Madrid et aos outros benefiçiados que estauan presentes / entre las quales diso que anexara et anexo duas septimas sen cura do benefiçio de sant / Giao de Loyua sito en la diocesis da dita iglesia la qual dita anexaçion leu logo Roy Dias / de Luazes thesoureiro da iglesia de Ourense que estaua presente et ela leyda o dito Gonçaluo / Peres canonigo procurador sobredito diso que a el era dito et feyto entender que o dito Johan / de Madrid se pretendia aver dereito aas ditas duas septimas sen cura et que as queria / demandar et que le requeria en nomme do dito dean et cabildo por vertude do juramento / por el feyto en que prometera quando lle deran a posison da sua canonigia de seer en / probeyto da dita iglesia que non quesese molestar aas dita suas partes nen a el sobre las / ditas duas septimas sen cura por quato entendia que lle non conpetya a elas dereito alguno / et que consentyse enna dita anexaçion et vnion. Et o dito Johan de Madrid canonigo / diso que por o susodito et porque o seruiçio de Deus et a dita mesa capitular fosen aumen/tados que el que consentya et consenteu enna dita anexaçion et vnion das dita partes sen / cura do dito benefiçio da dita iglesia de sant Gillao de Loyua et que se nesçesario era / et algund dereito lle conpeya a elas que lo renunçiaua et renunçiou et diso que prometia / et prometeu de nunca vynir por si nin por outro en juyso nin fora del contra a dita anexaçion et / vnion et de non demandar as ditas duas septimas sen cura para o qual asy teer conplir / et gardar diso que renunçiaua et renunçiou qualquer dereito estatuto costume ou preuilegio / que en contrario do susodito ou qualquer cousa delo por si podese diser et alegar et espeçialmente / o dereito que dis renunçiaçon en genneral don valer. Et diso que juraua et jurou a Deus et aquela casa / santa de oraçon en que esaua de o teer et conplir et gardar lo susodito et qualquer cousa delo et se o / contrario fesese que queria que por ese mesmo feyto fose perjuro et infame et caese en caso / de menos valer et diso que prometya et prometeu de nunca demandar absoluçion nin relaxaçion / deste dito juramento por sy nin por outro ao muy santo Padre nin a outra persona alguna que poderio tebese / para lo relaxar et que avn que o santo Padre ou outra persona que poderio oubese para elo moto / proprio ou en outra maneira algua relaxase o dito juramento et lo absoluese del que el que non / vsaria de la tal relaxaçion et absoluçion nin se aproueytaria dela fasta teer et conplir / todo o susodito. Et desto rogou a min o dito notario que fesese hun estrumento ou dous ou / aqueles que fosen nesçesarios los mays firmes que se podesen faser segundo dereito para garda et / conseruaçion do dereito da dita mesa capitular et benefiçiados da dita iglesia et ho signase / de meu signo et aos presentes que fosen delo testigos. Et o dito Gonçaluo Peres canonigo et procurador / pedeu esomesmo todo asy signado por sy et en nomme do dito dean et cabildo. Que foy / feyto enno dito lugar anno era mes et dias susodictos. Testigos que foron presentes Lopo Lopes arçediano de Azumara et o dito Roy Dias de Luazes thesoureiro de Ourense et Gonçaluo Yanes / et Afonso Martines Paton et Juan Danca et Vasco Martines et Martin Vasques canonigos da dita iglesia et Diego / Teyxeiro et Vasco de Manente et Gonçaluo de Reygosa et Johan Yanes capelan et Afonso Rodrigues raçoeyros / et Aluaro Garçia sacristan et outros.
Eu Ruy Gonaçales canonigo de Mondonedo et notario publico do sennor obispo por la abto/ridade hordinaria a todo esto susuescripto presente fuy et ho fige en minna / presença escripuir hocupado de outros negoçios et puge aqui meu signo et / nomme acustumado en testimoyo de verdade que tal he rogado et / requerido. (Signo, debaixo do cal se le: Rodericus Gundisalui canonicus mindoniensis).