GMH/ÍNDICE A-Z

821
1380, setembro
O Cabido de Lugo afóralles a Afonso Eanes e a María Fernández e a unha voz o casal e as herdades dos aniversarios en Vilar de Cas por renda anual dunha terza de centeo.
MADRID, AHN, Carp. 1332 G/2, perg. orix., galego, gótica cursiva, 202x167 mm.

Sabeam quantos esta carta viren commo nos os homes boos et cabiidoo da iglesia de Lugo seendo iuntados enno coro da dita iglesia por campaa taniuda, segundo que o avemos de huso et de custume, con outorgamento de don Gonçalvo Eanes, chantre, vigario de don Johan Afonso, dayan, damos aforo et avervo a vos Afonso Eanes d’Adae et a vos Maria Ferrnandes, filla de Fernan Domingues Teyxon, et de agora para en toda vosa vida d’anbos et de huna pessoa qual o pustrimeiro de vos nomear en vida ou a tempo do seu finamento, o noso casal et herdades dos aniversarios que he en Villar de Caes, a a tal condiçon que vos et a dita pessoa que para esto for nomeada que a lavredes et paredes ben as herdades do dito cassal en guisa que se non perçan as novidades del con mingua de lavorio, et que tiredes de monte alli ut tiraren os outros, et façades as casas do dito lugar et as reparedes do que lles feser mester enno dito tempo; et dedes por foro et renda do dito cassal en cada un ano a nos et a a dita iglesia, ou a aquel que recadar et coller as rendas dos aniversarios, huna terça de çenteo por la medida dereita, que façen tres teegas duas fanegas, en pas et en salvo enno dito dito lugar sen desconto algun, vos et a dita pesoa; et a a vosa morte et da pustrimeira pesoa que for nomeada o dito casal et herdades del han de ficar ben lavradas et as casas feitas et ben reparadas et en boo estado, livres et quitas et desenbargadas a nos et a a dita nosa iglesia, con todos los boos paramentos que en ellas foren feitos.

Et eu, o dito Afonso Eanes, que presente estou por min et po-la dita Maria Ferrnandes et por la dita pessoa que for nomeada por esta, asy reçebo de vos o dito cabiidoo et omes boos o dito foro et vervo por las ditas condiçoes, et obligo meus bees et seus de o complirmos en todo commo sobredito he. Et nos os sobredito cabidoo et omes boos asi vos-lo outorgamos. Et en testemoyo [d’esto] mandamos et rogamos nos las ditas partes a Pedro Afonso, notario publico de Lugo, que presente estava que fesese desto duas cartas en un tenor, huna para vos Afonso Eanes et outra para nos o dito cabidoo.

Feyta foy esta carta enno [...] dias de setembro, era de mill et quatroçentos et des et oyto annos.

Testemoyas que presentes foron: don Gonçalvo Eanes, chantre; don [Ruy Fernandes], arçidiago de Deça; don Lopo Eanes, arçidiago de Sarria; don Arias Peres, arçidiago de Deçon; don Pedro Ares, arçidiago de Triacastella; don Thomas Gonçalves, juyz; don Diego Gomes, thesoreiro; Fernan Peres, Ares Ferrnandes, Afonso Ferrnandes, Roy Lopes, coengos; Afonso Yanes, Rodrigo Afonso, raçoeyros; Lourenço Eanes, Pedro Ferrnandes, Arias Peres, capelaes; Lopo Peres, porteiro do dito cabidoo, ts., et outros.

Et eu Pedro Afonso, notario sobredito dado por la abtoridade do senor bispo dese lugar, a todo o que sobredito he con as ditas testemoyas presente fuy et por rogo et mandado dos sobreditos esta carta en mina presença fis escrivir, et aqui puje meu nome et signal en testemoyo de verdade que he tal. (+).