GMH/ÍNDICE A-Z

488
1434novembro, 22

Xoán Afonso, reitor de Santa María de Feán, afora a tres voces a Gonzalo Gómez de Puga, escudeiro, unha leira de herdade en Santa María de Astariz, para que a poña de viña e pague cada ano vinte azumbres de viño rosete. (fols. 148v-150)

Feita e dada.

Carta de Gonçalvo Gomes de Puga, pagadas X brancas.

Sabean quantos esta carta de aforamento viren como eu Joan Afonso, clerigo reytor da igleia de Santa Maria de Feaan, de liçençia et autoridade de Ares Gonçalves, canonigo enna igleia d’Ourense et vigario da terra do cabiido da dita igleia d’Ourense por don Martin Sanches, abade da igleia da Triindade da çidade Ourense, vigario da dita terra do dito cabiidoo, por poder que o del teño \o dito Ares Gonçalves ten do dito abade/ o qual (fol. 148v)

esta por este notario por quen esta carta he feita, do qual eu notario juso escripto dou do dito poder fe que o dito abade deu ao dito Ares Gonçalves para todo o adiante contiundo, dou et outorgo, aforo a vos Gonçalvo Gomes de Puga escudeiro que sondes ausente et a vosa moller Lyonor Afonso que he presente et a tres voses apus morte do pustromeiro de vos anbos, asy que vos en vosa vyda ou a tenpo de voso finamento nomeedes a primeira vos et a primeira nomee a segunda e a segunda nomee a terçeira et asy vas as ditas vosas voses nomeadas huna pus outra suçesive et non sendo nomeadas que seja vos aquel ou aquela que de dereito herdar os outros vosos do pustromeiro de vos anbos. Conben a saber que vos aforo huna leyra derdade que ha da dita miña igleia et jaz enna freigesía de Santa Maria d’Astaris, onde chaman a Beiga de Pugeiros, et parte de huna das partes con herdade de Santa Maria d’Astaris et da outra parte con herdade de Joan da Cariça et en çima con outra herdade de Gonçalvo Lourenço et, aforo vos os a dita leyra derdade con todas suas entradas et seydas et dereitos et jures et perteesças por hu quer que os aja e deva aver de dereito, por tal condiçon que a poñades de viña e labrades e paredes ben en tal de todoslos labores que lle conpriren et foren neçesarios en tal maneira como non desfalesca por mingoa de lavor et de boon paramento e diedes et pagedes de foro en cada huun anno porla dita leyra derdade para faser viña \e viña que y feserdes/ vos e vosas (fol. 149)

a min e aos reytores que despois de min foren da dita miña igleia de Santa Maria de Feaan, viinte açunbres de boon viño rosete por cada vespera de Santa Maria de agosto para a festa e onra da dita virge(...) Santa Maria, et do al que ajades a dita leyra derdade con a viña que en ela feserdes de disemo a deus livre et quite de todo outro trebuto, çenso et encarrego alguun, et he posto condiçon que se non me pagardes o dito foro a min e a meus suçesores que eu et elles posamos reçeber a dita leira derdade e viña que en ela feserdes por nosa autoridade para a dita igleia, et se vos ou as ditas voses quiserdes vender, deytar ou supynorar a dita leyra derdade e viña que en ela feserdes, que primeiramente frontedes con ela a min et aos reytores que despois de min foren da dita igleia para que os ajamos porlo justo preço que vos outro por elo der ante que a outro alguun, segundo que o dereito manda en tal caso. Outrosy non faredes manda nen oniversario nen poredes penson nenhuna porla dita leyra derdade e viña que y fes fe[se]rdes a outra igleia nen mosteiro nen persona nen santuario alguun salvo a dita miña igleia de Santa Maria de Feaan, et obrigo os beens da dita miña igleia, eclesyasticos e segrares, avydos et por aver, para vos faser saan et de paz a dita leyra derdade et para vos defender con ela a dereito, et eu a dita (fol. 149v)

Lyonor Afonso que soon presente, por min et por lo dito meu marido que non he presente e por las ditas nosas voses, asy o outorgo et reçebo en min aforado a dita leyra derdade de vos o dito Joan Afonso clerigo, porlas maneiras et condiçoens que ditas son et para a chantar de viña e lavrar et parar ben et faser o dito foro dos ditos viinte açunbres de viño de cada huun anno porlo dito día de vesperas de Santa Maria de agosto et conprir et agardar todaslas cousas et condiçoens que en esta carta son contiundas et cada huna delas obrigo a elo todos meus beens e do dito meu marido, movelles et reyses, avydos et por aver et qual quer de nos as ditas partes que contra esto \for ou/ pasar et o non conprir et agardar que peyte aa parte agardante por nome de penna, pustura, ynterese dosentos mrs. de boa moeda et a voz del rey outros tantos et a dita penna pagada ou non esta carta e as cousas en ela contiundas fiquen firmes e vallan et vallan por lo dito tenpo e voses. Et eu o dito Ares Gonçalves coengo et vigario sobre dito, por quanto sey et soon çerto que o dito aforamento que prol et boon paramento da dita igleia, por juramento que sobre elo saqey do dito Joan Afonso clerigo aas ordeens sagras que el reçebeu de San Pedro et de San Payllo, por ende dou a este dito aforamento miña liçençia et autoridade conprida e ontrepoño a el meu decreto et mando que vala segundo et enna maneira que he feito et outorgado. Feita carta enna çidade d’Ourense, viinte e dous dias do mes de novenbro, anno domini Mº CCCCº XXX IIII annos. Tests. que foron presentes Roy de Puga escudeiro do señor obispo d’Ourense e Gonçalvo Peres clerigo e Gomes das Figeiras criado do dito vigario et Joan do Bouteiro. (fol. 150)