GMH/ÍNDICE A-Z

1187
1468, decembro, 14 mércores. Lugo
O Cabido de Lugo afóralles a Xoán López, á súa muller e a dúas voces a cuarta parte do caneiro de Antes, na freguesía de Santiago de Saamasas, por renda anual de doce marabedís os primeiros beneficiarios e quince marabedís as voces.

MADRID, AHN, Cód. 419 B, f. 38 v.

Sabeam quantos esta carta de foro viren como nos as personas canonigos et benefiçiados da iglesia de Lugo, que abayxo seeran nomeados, seendo juntados en noso cabildo dentro en a Capela de San Vertolameu chamados por son de canpana, segundo que avemos de uso et de custume, aforamos a vos Johan Lopes de Gaybol, vesino de Lugo, que estades presente, et a vosa muller, Costança Lopes, et a outras duas personas despois de vos que seian fillos ou fillas que anbos aiades de consuun, et non os avendo que seia huna das ditas personas qual o postremeyro de vos nomear en sua vida ou a tempo de seu finamento, et ha outra postremeyra que seia qual nomear aquela perssona que por lo postremeyro de vos for nomeada, et non seendo nomeada que seia persona deste foro quen herdar os beens do postremeyro de vos de dereyto, et asy d’aquela persona. Conben a saber que vos aforamos a quarta parte do caneyro d’Antes, que esta en a agoa do Mino, su o signo de Santiago de Samassas, que he et perteesçe a os aniversarios da dita iglesia de Lugo; et avedes de dar et pagar, en cada un ano, por la quarta parte do dito caneyro a o rendeyro et colledor dos ditos aniversarios vos, o dito Johan Lopes, et vosa muller en vossas vidas dose maravedis de moeda vella de longos, et as outras duas personas, que despois de vos anbos subçederen en o dito foro, que den et paguen cada huna delas quinse maravedis da dita moeda vella et de longos por dia de San Martino de nobenbre. Et avedes de teer a dita quarta parte do dito caneyro feyto et en boo paramento, et non avedes vos nen as ditas personas de vender, nen aforar, nen traspasar, nen enajenar este dito quinon de dito caneyro a persona algua syn liçençia et consyntimento do dito cabidoo; et as personas que subçederen despois de vos, o dito Johan Lopes, et vosa muller que cada huna delas seia tiuda et obligada do dia que subçeder por persona deste foro desse viir mostrar et presentar ante o dito cabildo como he persona fasta treynta dias primeyros seguentes, so pena de o perderen. Et a finamento da postremeyra persona deste foro que o dito quinon do dito caneyro fique reparado et libre et quito et desenbargado a os ditos aniversarios da dita iglesia de Lugo, cuio he.

Et eu, o dito Johan Lopes de Gaybol, que pressente estou por min et por la dita mina muller et personas asy resçebo de vos, os ditos senores do dito cabildo, este dito foro con todas las condiçoes sobreditas, et obligo meus bees et delas de o conplir et pagar et atender todo segundo arriba se conten.

Et nos, o dito cabildo, asi vos lo outorgamos con todas las condiçoes sobreditas, et mandamos et rogamos a o notario a iuso escripto que faça delo duas cartas de foro anbas en un tenor, huna para a dita iglesia de Lugo et outra para vos et vossas personas, et a vossa mandamos seelar con o seelo do dito cabildo.

Que foy feyta et outorgada, dia quarta feyra, catorse dias do mes de dezenbre, ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et sesenta et oyto anos.

Testigos que foron presentes et outorgaron o dito foro: Gonçalvo Peres de Carvallido, arçediano de Sarrea; et Gomes Garçia de Goyoso, arçediano de Deçon; et Roy Lopes, liçençiado en decretos juys; et Gonçalvo Rodrigues de Parrega, thesoreyro; et Diego Ferrnandes de Luases, arçediano de Bubale, canonigo, vicario do dean; et Diego Vasques, Simon Alvares, Rodrigo Afonso das Camoyras, Pedro Martines, Pedro de Mera, Diego Gonçalves, Gomes Ares, Afonso de Galdo, canonigos et benefiçiados da dita iglesia; et Roy Lopes de Teyxeyro, canonigo de aniversario et rendeyro dos aniversarios da dita iglesia de Lugo, et outros.

Et eu Gomes Garçia de Goyoso, clerigo de la çiudade de Lugo, notario publico por la auctoridade apostolica et ordinaria, a todo o que sobredito he en un con os ditos testigos et capitulantes presente foy et este sobredito instrumento de foro, segundo ante min pasou, fielmente aqui escripvi, et en meu registro et protocolo ho sentey, et por rogo et outorgamento das ditas partes puje aqui meu signo et nome acustumados en testemoyo de verdade. Rogado et requerido.